Home Pontevedra Deza A feira Sedexpo 2022 promociona en Unvex a súa proposta única: seguridade,...

A feira Sedexpo 2022 promociona en Unvex a súa proposta única: seguridade, defensa e emerxencias unidas nunha mesma cita

- Anuncio -

• DENDE HOXE ATA O VINDEIRO VERNES ESTARÁ PRESENTE NA ÁREA EXPOSITIVA DESTE EVENTO, O MAIOR DE DRONS DO ANO EN ESPAÑA E QUE TEN LUGAR EN SEVILLA

• O CERTAME GALEGO SERÁ, DO 17 AO 19 DE NOVEMBRO, O PRIMERO A NIVEL NACIONAL QUE AGLUTINA DE FORMA DESTACADA A ESTES TRES SECTORES ESTRATÉXICOS E IMPRESCINDIBLES PARA GARANTIR O BENESTAR E A PROTECCIÓN SOCIAL

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, segue promocionando a súa primeira edición, a cal se celebrará do 17 ao 19 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Así, dende hoxe e ata o vindeiro venres está presente en Unvex, o maior evento de drons do ano en España, o cal ten lugar en Sevilla.

Ademais de dispoñer dun espazo expositivo na feira, tamén se trasladou á capital andaluza un equipo comercial encabezado polo seu director, Ricardo Durán, para dar a coñecer Sedexpo 2022. Unha cita que a Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade que depende da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia, organiza co apoio da Vicepresidencia Primeira da Xunta, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ademais da colaboración doutra vintena de entidades entre as que se atopan os ministerios de Defensa e Interior.

Sedexpo 2022, na cal xa confirmaron a súa presenza empresas líderes no sector, acode a este certame co obxectivo de seguir sumando expositores e intercambiar experiencias para crear un gran escaparate da industria de seguridade, defensa e emerxencias, ademais dun magnífico foro de coñecemento a través de xornadas técnicas de primeiro nivel, exhibicións, simulacros, talleres formativos ou entrega de distincións.

Será así un magnífico espazo para a interacción e o negocio. E para iso contará coa mellor localización posible, a Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), un recinto con gran versatilidade que ofrece unha gran diversidade de espazos para todo tipo de actividades, tamén demostracións dinámicas.

Unvex

Unvex é un evento integral nacido en 2010 que conta con sete edicións celebradas en Europa e catro realizadas en América Latina. Deseñado e desenvolvido polo grupo IDS, media partner de Sedexpo, conta coa maior exposición do sector que se realiza en España, o seu ciclo de conferencias ofrece contido seleccionado por un comité técnico con gran cualificación e as súas demostracións inclúen todo tipo de sistemas remotamente tripulados

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas