Home A Coruña O BNG reprocha o incremento do gasto para o auditorio mentres se...

O BNG reprocha o incremento do gasto para o auditorio mentres se descoida o mantemento

- Anuncio -

O pleno extraordinario celebrado onte en Ribeira aprobou, entre outros asuntos, incrementar o gasto do novo auditorio de Ribeira en 400.000 euros e estender o prazo para executar a obra, cuestión que suscitou as críticas do BNG por supoñer a cuarta subida do proxecto.

Segundo informa o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, o primeiro orzamento era de 2,5 millóns de euros incluíndo o equipamento, mais durante a redacción do proxecto construtivo detectáronse unhas carencias e pasou a 3,6 millóns, finalmente sácase a licitación por 4,2 millóns de euros sen o equipamento e sen a iluminación necesarias para o seu funcionamento.

No BNG cren que o goberno local trata de eximir a súa responsabilidade dicindo que o incremento está motivado por culpa duns cascallos, malia ter pagado por un estudo xeotécnico e por mor dunha liña de media tensión imposibilitou operar correctamente coa grúa malia verse a simple vista. “É evidente que hai unha mala xestión” recriminan.

Pérez Barral considera que estes argumentos son “desculpas de mal pagador” xa que os problemas non só se dan co novo auditorio, senón que se repiten desde hai anos en practicamente todas as obras que se proxectan desde o Concello de Ribeira. “O mercado municipal, a depuradora, o matadoiro, a casa da xuventude, o centro social de Carreira ou o pavillón de Palmeira son algunhas das que tiveron que sufrir, no medio da obra, modificacións con respecto ao proxecto inicial, incumpriron os prazos de finalización e todas dispararon o custo previstos incialmente”.

“PP e PSOE aproban seguir malgastanto cartos públicos en cemento e obras megalómanas mentres descoidan cuestións tan básicas como o mantemento de parques e espazos públicos ou se lle cobra o un ‘tarifazo’ excesivo ás familias co recibo do saneamento” reprocha Barral. “No BNG cremos que Ribeira pode ter infraestrutura cultural acorde ás actividades que se desenvolven na vila pero cremos excesivo que vaia custar cinco millóns de euros ou máis cando existen servizos básicas sen atender”.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas