Home A Coruña A comunidade educativa de Bergondo maniféstase para protestar contra o recorte de...

A comunidade educativa de Bergondo maniféstase para protestar contra o recorte de persoal no CPI Cruz do Sar

- Anuncio -

· A concentración, que se celebrou antes do Consello Escolar Municipal, reuniu a máis de 60 persoas, que reclaman o aumento de persoal de atención á diversidade.

· Na reunión do Consello trasladóuselle estas demandas ao inspector de Educación, que se comprometeu a trasladalas e buscar unha solución.

A comunidade educativa de Bergondo manifestouse hoxe, xoves 15 de setembro, fronte á casa do concello para protestar contra o recorte de persoal da atención á diversidade e de primaria no CPI Cruz do Sar.

Na concentración, celebrada antes do Consello Escolar Municipal e na que participaron máis de 60 persoas, coa presenza da alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, membros do goberno local e representantes de todos os grupos que forman a corporación bergondesa, denunciouse a falta de resposta da Xunta de Galicia #ante o incremento das matrículas do alumnado con diversidade funcional.

Os participantes portaban unha pancarta, que tamén se instalou na fachada do concello, na que se lía ‘Dereitos d@s nen@s non rural: profeso de apoio’ e tamén outras con mensaxes como ‘Máis recortes, menos futuro’, ou ‘Coa educación non se xoga’.

Durante a reunión do Consello Escolar Municipal, do que forman parte a alcaldesa, a concelleira de Educación, o inspector de Educación da Consellería e representantes dos diferentes centros educativos do municipio, do APA ‘As Mariñas’ e dos pais e nais, trasladáronselle as demandas da comunidade educativa bergondesa ao inspector, que se comprometeu a trasladalas e buscar unha solución.

Ao mesmo tempo, déuselle unha copia das firmas recollidas ata o momento para denunciar a situación de desamparo institucional, que pon en risco de exclusión educativa a nenas e nenos de Bergondo e explicouse que non se descarta iniciar outras accións de non cambiar a institución autonómica a súa política.
Necesidades sen resposta

No comunicado emitido polo APA As Mariñas explícase que “O CPI Cruz de Sar de Bergondo acolle este curso a máis de 350 alumnas e alumnos nas súas aulas, pero non poderá enfrontar con garantías as necesidades educativas destes nenos e nenas con diversidade funcional por mor da denegación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica e o recorte da xornada na especialidade de Audición e Linguaxe nun 50%.

O centro educativo bergondés comunicou ao final do pasado curso as necesidades de dotación do persoal docente, en base ás previsións realizadas segundo as matriculacións. A súa xustificación contiña as motivacións técnicas para cada caso, fundamentadas en informes de profesionais especializados, e valorados, nalgúns casos, polo Servizo Galego de Atención a Dependencia. A resposta da Consellería non chegou ata a primeira semana de setembro, denegando a incorporación dun segundo especialista en Pedagoxía Terapéutica. Por outra banda e a pesar das peticións do equipo directivo e docente, a situación do centro, lonxe de mellorar, empeorou pola decisión da Consellería de Educación de reducir a dedicación do especialista en Audición e Linguaxe no centro ao 50% e prescindir dun Mestre de Primaria.

A Consellería fundamenta a súa decisión na dispoñibilidade de horas coas que contan os docentes de Primaria pero a realidade é que as necesidades específicas destas alumnas e alumnos con diversidade funcional non poden ser atendidas deste xeito.

Por outra banda, estas decisións non só terán impacto nas nenas e nenos aos que se lles nega un profesor especialista. O recorte dun Mestre de Primaria incrementará a carga de traballo do cadro docente actual, ao que Educación pretende asignarlle tamén horas de reforzo para as necesidades educativas especiais.

As nais e pais, reunidos en asemblea tras coñecer a resposta da Consellería, rexeitaron esta decisión, que consideran arbitraria e que non responde a fundamentos normativos. As familias lembran que esta decisión vulnera o establecido no DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten os ensinos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O texto do decreto recolle no seu articulado a adopción de medidas extraordinarias e de atención á diversidade para dar resposta a necesidades educativas específicas que deberán ser aplicadas unha vez esgotadas as de carácter común ou resultar insuficientes.

A demanda das familias, canalizada a través da APA As Mariñas conta co apoio da totalidade do equipo directivo e docente do CPI Cruz do Sar, así como de todas as asociacións do concello mariñán. Pola súa banda, todos os grupos políticos da corporación municipal mostraron a súa disposición para axudar a resolver este problema”.

Outros temas do Consello

Seguindo a orde do día do Consello Escolar Municipal, tamén se trataron outros puntos como: a actualización do protocolo COVID ao contexto actual, o servizo de conciliación no CRA de Bergondo, as actividades do ANPA, a programación dos centros educativos e a problemática no transporte aos centros educativos tanto para os alumnos bergondeses como para os que acoden ao municipio para estudar.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas