Home A Coruña O Concello de Santiago destina 450.000 euros á innovación e promoción do...

O Concello de Santiago destina 450.000 euros á innovación e promoción do comercio local a través de dúas convocatorias de axudas

- Anuncio -

Está previsto que a principios da vindeira semana se publiquen no BOP as bases das convocatorias de axudas para a mellora de axudas para a mellora e innovación do comercio local, no marco do programa “Coidar para mellorar”; e as das subvencións ás asociacións para actividades de promoción e dinamización comercial; correspondentes, ámbalas dúas, á anualidade 2022. Nestas convocatorias, aprobadas esta semana en Xunta de Goberno, o Concello de Santiago inviste, en conxunto, 450.000 euros.

Estas axudas, destinadas ao pequeno comercio, teñen por obxecto impulsar a súa modernización a través da implantación de novas tecnoloxías e de melloras de eficiencia enerxética ou accesibilidade. Tamén se van subvencionar as distintas actuacións de dinamización e promoción comercial, postas en marcha polas asociacións de comerciantes co fin de mellorar a competitividade, atraer nova clientela e aumentar as vendas.

Coidar para mellorar

As axudas para a mellora e innovación do comercio local enmárcanse no programa “Coidar para mellorar”, e contan cun orzamentos de 350.000 euros. A súa finalidade é impulsar melloras na modernización dos pequenos negocios a través da transformación dixital e sostible, e fomentar a cultura da innovación como ferramenta fundamental para incrementar a súa resiliencia e competitividade empresarial.

Con este obxectivo, o Concello de Santiago volve convocar, un ano máis, as axudas do programa “Coidar para mellorar” que buscan promover a implantación de tecnoloxías tendentes á transformación dixital do sector comercial; mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, punto de venda, a accesibilidade, eficiencia enerxética e sostibilidade e o atractivo comercial; e dotar os establecementos de equipamento e tecnoloxía que melloren a súa transformación, competitividade e resiliencia.

Poden beneficiarse destas axudas as persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño; sempre que o local comercial sobre o que se realice o investimento se atope no municipio de Santiago de Compostela.
O importe da axuda será do 80 por cento do investimento xustificado (IVE excluído) ata un máximo de 5.000 euros por cada persoa beneficiaria. O gasto mínimo sitúase en 600 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP e remata o 3 de outubro de 2022.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos. Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago deberá escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñible.

Actividades de dinamización e promoción comercial

As axudas para actividades de dinamización e promoción comercial contan cun orzamento de 100.000 euros. Delas pódense beneficiar as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais, sen fin de lucro, que teñen como sede social e ámbito de actuación o municipio de Santiago de Compostela; que conten cun mínimo de 15 establecementos asociados; e que o 60% dos seus establecementos asociados pertenzan ao sector comercial.

Considéranse actuacións subvencionables, as actividades de promoción e dinamización comercial cuxo ámbito de actuación ou repercusión sexa o municipio de Santiago. Entre elas sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, ou atraer novas persoas consumidoras; actuacións de dinamización e promoción comercial; campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios así como elaboración de material promocional, que se orienten a potenciar as distintas tempadas ou fitos con relevancia comercial ao longo do ano; implantación ou mantemento de servizos de apoio e asesoramento ao comercio polo miúdo; ou actuacións encamiñadas á mellora da competitividade comercial.

A subvención pode acadar o 80% do orzamento dos gastos subvencionables, co límite de 35.000 euros por cada entidade solicitante. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e contarase desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.

A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, e completada coa documentación requirida, dirixiranse á Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela e presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) mediante o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible. O formulario a empregar é o CS006.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas