Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Oia informa de cortes de tráfico polo concerto das...

O Concello de Oia informa de cortes de tráfico polo concerto das Tanxugueiras que se celebrará este domingo

- Anuncio -

Este domingo 18 de setembro terá lugar o concerto das Tanxugueiras na Eira do Convento, na parroquia de Santa María de Oia. O concerto comezará ás 20h e rematará ás 22.15 aproximadamente.

Debido á gran afluencia de público que se prevé, o Concello adoptou medidas relacionadas co tráfico da zona, que implican vías de único sentido e cortes de tráfico.

Desde as 00.30 desta madrugada:

O espazo da Eira do Convento quedará reservado para o evento, montaxe, etc.

Desde as 8.30 da mañá do domingo:

Rúa Párroco Rodal Fandiño terá sentido único de baixada e dirección obrigatoria cara o Porto.

Aparcamentos: Recoméndase aparcar no parking municipal (acceso por Rúa Rodal Fandiño), fincas habilitadas para o evento (acceso por Estrada Vella) e zona campo de fútbol.

A partir das 17h:

Corte de tráfico dos accesos á zona do concerto (Rodal Fandiño, Vicente López e Rúa do Fial -á altura da Estrada Vella cara o Porto).

Control de accesos coa colaboración de Protección Civil do Rosal, Tomiño e Tui.

A esta hora, Rodal Fandiño, Rotonda, Praza Centinela e baixada ao Porto dende Praza Centinela, deberán estar sen coches.

**Reservas visitas Mosteiro: Protección Civil permitirá o acceso ata esgotar prazas de aparcamento. Prégase veñan con tempo por se a esa hora non tivesen aparcamento dispoñible no entorno inmediato do Mosteiro e tivesen que buscar outra alternativa.

Os asistentes ao concerto poderán aparcar pola estrada PO-552 e vías secundarias do Concello, deixando libre acceso a portais de vivendas e sen imposibilitar a circulación.

Dende o concello pídese a máxima colaboración dos asistentes e veciñanza. En caso de incumprimento avisarase a Garda Civil e grúa, no seu caso.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas