Home Lugo A Mariña Occidental Veciñanza da Misericordia e BNG recollen sinaturas no mercado para que a...

Veciñanza da Misericordia e BNG recollen sinaturas no mercado para que a alcaldía actúe

- Anuncio -

Numerosos veciños e veciñas da Misericordia xunto con Míriam Bermúdez, portavoz do BNG de Viveiro, acudiron ao mercado deste domingo 18 de setembro a recoller sinaturas para que podan acceder vehículos de emerxencias e outros servizos básicos na rúa Calvario en Misericordia.

Míriam Bermúdez indica que “estas sinaturas servirán para que a veciñanza poda incluír na sesión plenaria este asunto e exixir á alcaldesa que tome cartas no asunto resolvendo a situación desta veciñanza que está a pagar os seus impostos sen poder recibir servizos básicos dende hai décadas”.

“Demanda a veciñanza de Misericordia que se modifique a normativa para poder abrir a pista proxectada dende hai anos, na que existen acordos coas persoas propietarias das parcelas a expropiar para a creación da mesma, permitindo así o acceso de bombeiros, ambulancias e dando saída a este acceso que non a ten”, incide Míriam Bermúdez.

Indica ademais que “tendo en conta o ocorrido nas anteriores sesións plenarias nas que María Loureiro lle negou a palabra á veciñanza, esta recollida de sinaturas permitirá que podan intervir directamente as persoas afectadas na sesión plenaria e sexan escoitadas.”

A recollida de sinaturas no mercado de Viveiro resultou ser un éxito e visualizou a problemática que sofre esta veciñanza que cun único acceso estreito, en curva e cunha elevada pendente que impide o acceso a servizos vitais.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas