Home A Coruña O Concello de Fene adquire unha trituradora de restos vexetais para os...

O Concello de Fene adquire unha trituradora de restos vexetais para os departamentos de Servizos e Medio Ambiente

- Anuncio -

Investíronse 24.200 euros, subvencionados nun 74% con fondos europeos Next Generation canalizados pola Consellaría de Medio Ambiente

O Concello de Fene recepcionou este mércores unha nova biotrituradora que se utilizará a partir de agora para procesar os restos de poda dos parques, xardíns e avenidas municipais. O equipamento facilitaralle aos departamentos de Medio Ambiente e Servizos a valorización desta materia vexetal, cuxo destino final será a compostaxe ou o seu emprego como capa de cobertura en alcorques e outros espazos públicos. O investimento alcanzou os 24.200 euros e beneficiouse dunha subvención do 74% da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en aplicación dos fondos Next Generation da Unión Europea para proxectos de reciclaxe e compostaxe.

A máquina subministrada por Torneiro Maquicoruña é un modelo GreenMech Arborist 130, dotado cun motor Honda de gasolina de 23 cabalos de potencia. O seu peso é inferior aos 750 quilos, de maneira que pode ser transportada a calquera punto do concello coma un remolque convencional.

Porén, o dato importante -e a razón da compra- é que no seu interior o aparello leva catro coitelas coas que pode triturar pólas e follas a un ritmo de 3 toneladas por hora, o que veñen sendo aproximadamente 9,6 metros cúbicos de volume de ramallada. Ademais tamén dispón dun sistema de alimentación especial para previr atascos que poderían ralentizar o traballo ou incluso danar o sistema de trinzado.

Esta mércores pola mañá, durante a entrega do equipamento na que tamén se lle deu unha formación inicial ao persoal municipal, púidose ver en funcionamento e comprobar de que maneira converte en estelas e sen aparente esforzo os restos das podas.

“A máquina vai ser de grande utilidade para o departamento de Servizos”, apuntaba a responsable da área, Sandra Permuy. “Antes había que cargar as pólas cortadas no camión e facer varias viaxes para levalas ao punto de acopio. Agora a máquina botará o material triturado directamente no camión ou en sacos tipo big-bag, ocupando moito menos espazo e facilitando o seu tratamento”.

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, Justo Ardá, destacou que o novo equipamento axudará a valorizar os restos vexetais “de múltiples maneiras”. Entre elas o edil cita o seu emprego como capa de cobertura en alcorques e xardíns “que eviten a saída de herbas” ou como “material moi valioso para a compostaxe”. Ardá explica que a madeira triturada e engadida nunha proporción correcta, “esponxa o compost, absorbe o exceso de auga e axuda a compensar os niveis de nitróxeno e carbono. Todo son vantaxes”. A este respecto, Ardá engade que o material triturado se porá a disposición de Aspaneps e da veciñanza que participa no programa de compostaxe caseira “para que poidan mellorar o seu compost”.

O Concello de Fene investiu na biotrituradora mecánica 24.200 euros, dos que 18.000 proveñen dunha axuda da Consellaría de Medio Ambiente con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea, coñecido comunmente como “Fondos Next Generation”. A compra chega a tempo para o outono, momento no que o Concello adoita iniciar o programa de podas en avenidas e espazos públicos.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas