Home A Coruña Ábrese o prazo para enviar fotografías no concurso polo "Día da Muller...

Ábrese o prazo para enviar fotografías no concurso polo “Día da Muller Rural”

- Anuncio -

As imaxes deben remitirse ao Concello cubrindo o formulario na web ou ben presencialmente como data límite o 6 de outubro.

Desde mañá xoves e ata o día 6 de outubro permanecerá aberto o prazo para presentar traballos e participar no concurso de fotografía ‘Día da Muller Rural’ que organiza o Concello para sumarse á celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais que se conmemora o 15 de outubro.

O obxecto do certame é reflectir nas imaxes as particularidades das mulleres rurais presentes e pasadas da Laracha, poñer en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local.
Poderá participar no concurso de forma individual calquera persoa que sexa residente no termo municipal da Laracha.

O concurso de fotografía ‘Día de Muller Rural’ consta de dúas categorías:
• “Mulleres rurais do presente”: As fotografías recollerán imaxes da vida cotiá das mulleres do rural da Laracha na actualidade. O obxectivo é que as fotografías poñan en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local da Laracha.

• “Mulleres rurais do pasado”: As fotografías recollerán imaxes da vida cotiá das mulleres do rural da Laracha no pasado. O obxectivo é recuperar fotografías antigas que amosen aspectos da vida e o traballo das mulleres rurais da Laracha no pasado.

As persoas que desexen participar teñen que enviar a fotografía e unha breve descrición da mesma a través do formulario que está dispoñible na web municipal ou ben de xeito presencial no Edificio Administrativo da Laracha.
Repartiranse un total de mil euros en seis premios ás tres fotografías de cada categoría que obteñan máis “me gusta” na páxina de Facebook do Concello da Laracha desde o día 7 e ata o 13 de outubro ás 10:00 horas. A contía dos premios de cada categoría é de 300 euros para os primeiros premios, 150 euros para os segundos e 50 euros para os terceiros.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas