Home Pontevedra Pontón presenta o libro que recolle os 40 anos da historia do...

Pontón presenta o libro que recolle os 40 anos da historia do BNG reivindicando o seu papel impulsor nos avances de Galiza

- Anuncio -

Recalca que o Bloque conmemora o seu 40 aniversario con máis forza que nunca e preparado para liderar o cambio político que necesita o País

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou en Vigo o libro 40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022 co que o Bloque conmemora o seu 40 aniversario, nun acto no que reivindicou o papel dinamizador do BNG en boa parte dos avances acadados en Galiza ao longo das últimas catro décadas.

“Corenta anos despois podemos dicir, con humildade pero con orgullo, que Galiza gañou co BNG, que moitos dos avances acadados neste tempo se lograron grazas ao empuxe do BNG, man a man cos sectores máis dinámicos da sociedade galega”, afirmou logo de agradecer o traballo desenvolvido por militantes e simpatizantes nestes 40 anos, sen as e os que “hoxe non seríamos a forza transformadora na que cada vez confían máis galegos e galegas para abrir un tempo novo neste País”, asegurou.

Nesta liña, Pontón amosou o orgullo de compartir organización cunha militancia honesta e xenerosa que fixo do Bloque motor de avance para o País porque, segundo subliñou, “ningunha loita a favor de Galiza e a favor das liberdades e da xustiza social nos foi allea”.

Así pois, a líder nacionalista recalcou que o Bloque conmemora o seu 40 aniversario “con máis forza que nunca” e disposto a “liderar o cambio político que Galiza necesita”, co mesmo espírito co que naceu en 1982: “sempre do lado de Galiza, defendendo os intereses dos galegos e as galegas, confiando no País e coa man tendida a toda a cidadanía que quere construír unha Galiza con futuro, con igualdade e con poder de decisión”.

Esta traxectoria de compromiso co País é precisamente a que recolle a edición 40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022, elaborada polo politólogo Manuel Anxo Fernández Baz, e na que se sintetiza, ano a ano, a historia do Bloque Nacionalista Galego, os principais feitos políticos acontecidos no País e as actuacións chave desenvolvidas polo nacionalismo galego ao longo destas catro últimas décadas.

A publicación editada pola Fundación Galiza Sempre e que incorpora 400 fotografías -moitas delas inéditas- dá conta de momentos especialmente relevantes da historia do Bloque porque, en palabras do propio Fernández Baz, “as decisións adoptadas no pasado configuran as posibilidades no futuro”.

Relacionadas

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Adxudicada a repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal por...

0
A empresa encargada de realizar os traballos será Construcciones y Viales del Salnés e terá un mes de prazo de execución, unha vez se...

Un milleiro de rapaces e maiores ateigaron a Alameda Castelao na xornada de “Lectura...

0
A Alameda Castelao acolleu esta mañá a IV edición de “Lectura na rúa”, unha actividade xurdiu desde o CEP Santa Mariña “para fomentar a...

Oia celebra este domingo o curro da Valga

0
A tempada de curros galegos comeza esta fin de semana en Oia co da Valga (Loureza), que se celebra este domingo 12 de maio....

O Concello de Tui desenvolve sesións informativas nos centros educativos dando a coñecer o...

0
Vai dirixido a persoas de 10 a 17 anos. As súas propostas de mellora son logo trasladadas ao goberno local Tui. Mércores, 8 de maio...

O Concello de Nigrán ofrece este venres un concerto de ‘Os alegres do Val...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES UN CONCERTO DE ‘OS ALEGRES DO VAL MIÑOR’ NO MARCO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS Terá lugar a...

Publicacións Relacionadas