Home A Coruña Aprobado con carácter inicial o proxecto de expropiación dos terreos afectados pola...

Aprobado con carácter inicial o proxecto de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo

- Anuncio -

Tamén se acordou concorrer á convocatoria de axudas do Ministerio de Derechos Sociales para o impulso da Axenda 2030.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe foi aprobado con carácter inicial o expediente de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo da Laracha. Trátase dunha única parcela catastral dunha superficie de 5.096 metros cadrados.

A dispoñibilidade deses terreos é condición necesaria para a futura execución do proxecto dirixido a aumentar os espazos do punto limpo, o que permitirá mellorar e incrementar os servizos que se ofrecen nesa instalación de titularidade municipal situada xunto á ponte do Formigueiro.

Tamén se acordou concorrer á convocatoria de axudas do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas entidades locais. O Concello pretender levar a cabo un proxecto de planificación estratéxica de mobilidade urbana sostible (PMUS), plan que se configuraría como o instrumento principal de coordinación, concienciación e sensibilización para a cidadanía, administracións públicas e todos os axentes implicados na mobilidade municipal.

O PMUS analizaría e reflexionaría sobre o modo no que se desprazan as persoas e as mercadorías no termo municipal da Laracha, permitindo determinar que medidas se considera necesario implantar para conseguir formas de transporte máis sostibles e seguras que, ao mesmo tempo, fagan compatible o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente.

Salientar, por último, que foi concedida a licencia urbanística para a construción dunha vivenda unifamiliar en Torás

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas