Home Pontevedra Caldas O alcalde de Pontecesures agradece o interese da Deputación na mellora da...

O alcalde de Pontecesures agradece o interese da Deputación na mellora da accesibilidade e humanización dos seus espazos públicos

- Anuncio -

Juan Manuel Vidal anuncioulle ao deputado Manuel González que o Concello sacará en breve a licitación a obra de reconexión peonil, segura e amable do núcleo urbano de Pontecesures

O Concello de Pontecesures recibiu hoxe a visita de Manuel González Martínez, deputado de Centros de Investigación da Deputación de Pontevedra, quen acompañado polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, visitaron a actuación de recuperación do espazo público de Pontecesures cara a ría.

Vidal Seage asegurou que “é de agradecer o interese da Deputación de Pontevedra para con Pontecesures na mellora da súa trama urbana, encamiñada á mellora da accesibilidade e á humanización dos seus espazos para lograr así unha mellor convivencia e sintonía entre o tráfico rodado, peonil e ciclable. Un paso necesario para un maior desenvolvemento económico e tamén para unha mellor calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Así mesmo, o alcalde agradeceu o interese do deputado na próxima licitación da obra “Reconexión peonil, segura e amable do núcleo urbano de Pontecesures”, que o Concello ten previsto sacar a licitación en próximas datas.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas