Home A Coruña Volven os bailes para maiores cunha primeira rolda de música en directo...

Volven os bailes para maiores cunha primeira rolda de música en directo en sete parroquias

- Anuncio -

A Concellaría de Terceira Idade retoma as ansiadas tardes de baile para as persoas maiores, que estaban suspendidas dende o inicio da pandemia. Coa situación sanitaria máis normalizada, no mes de outubro arrincarán unha serie de actuacións con música en directo que se celebrarán, nesta primeira rolda, nos centros sociais de distintas parroquias, e que continuarán despois, como viña sendo habitual ata o ano 2020, no Pazo da Cultura.

Toma nota das datas e dos lugares:

1 de outubro: centro social de Ardaña
8 de outubro: centro social de Imende (Noicela)
15 de outubro: centro social de Oza
22 de outubro: centro social de Cances
29 de outubro: novo centro social de Bértoa
5 de novembro: centro social de Verdillo
12 de novembro: centro social de Sofán

Todas as sesións de baile celebraranse, polo tanto, os sábados, de 18.00 a 21.00 horas. E nesta primeira rolda contaremos coa música en directo do Dúo Marineda, coñecido xa e moi querido polas persoas maiores.

As actividades nos centros sociais retomáronse xa cos cursos para mellorar o manexo dos teléfonos móbiles. Neste momento está celebrándose un en Carballo, na Biblioteca Rega da Balsa, e seguirán organizándose naquelas parroquias onde exista demanda. Tamén empezarán en outubro o programa de exercicio físico para maiores e outras actividades orientadas a fomentar un envellecemento activo, como cursos de memoria, etc.

Relacionadas

O Concello de Neda rendeu tributo a todas as nais do municipio, agasallando a...

0
Unha Casa da cultura ateigada acollía onte venres á noitiña a primeira edición do Festival Día da Nai, unha emotiva homenaxe a todas as...

O público da Pobra asiste á estrea de María Fernández Sandoica como escritora

0
Un poemario dividido en tres partes que explora a temática amorosa dende Romper(nos), pasando por Reconstruir(nos) ata Amar(nos). María Fernández Sandoica expresa en Todo...

“En Carballo o teu can é un máis”, nova campaña para fomentar a convivencia,...

0
• A Policía Local realizará ao longo deste mes un labor de información entre as persoas propietarias de mascotas • Nos once anos que leva...

O BNG preguntará no Parlamento polos permisos das obras da igrexa de Dexo

0
A oleirense Iria Taibo preguntará se as obras da igrexa románica contan cos permisos preceptivos e cal é o motivo da súa suspensión Nos pasados...

O Concello de Brión toma medidas para garantir a seguridade na Carballeira de Santa...

0
Tras a caída de parte dun carballo afectado pola enfermidade Armillaria Mellea, o Concello pechará temporalmente a carballeira, fará unha poda de seguridade e...

O espectáculo “A Maxia de Europa”, de EUROPE DIRECT A Coruña, chegará á...

0
A función, con entrada gratuíta, será na Casa da Cultura ás 18:00 h. A Laracha acolle o venres da próxima semana, día 10 de maio,...

Publicacións Relacionadas