Home A Coruña A Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo cumpre 35 anos...

A Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo cumpre 35 anos cun incremento da oferta de prazas

- Anuncio -

Este curso teñen praza todas as persoas abonadas e empeza a reducirse tamén a listaxe de agarda entre as non abonadas

A Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo cumpre 35 anos, e non pode haber maior satisfacción que ver as caras de felicidade dos milleiros de nenos e nenas que aprenderon a nadar na piscina municipal Vila de Noia ao longo de todo este tempo. Pero queremos seguir vendo caras alegres, e por iso realizamos unha redistribución dos grupos que nos permite incrementar a oferta de prazas e dar cabida a todas as persoas abonadas que tiñamos en listaxe de agarda.

O curso empezou o 12 de setembro, e grazas á redistribución realizada acadamos as 650 prazas, a cifra máis elevada dos últimos anos, que nos permitirá non só eliminar a listaxe de agarda de abonados/as senón tamén empezar a recortar a de non abonados/as.
Cada alumno/a da Escola de Natación Infantil recibirá unha sesión semanal de 45 minutos de duración, ata acadar un total de 35 sesións entre setembro e xuño. Este programa acapara máis da metade da demanda das actividades acuáticas que se desenvolven na piscina municipal Vila de Noia, e cada semana impártense 80 sesións.

A Escola de Natación do Concello de Carballo empezou a funcionar no 1987. A actividade mantívose sempre que foi posible, incluso durante a pandemia, con todas as medidas de prevención esixidas en cada momento. Ano tras ano, coincidindo co curso escolar, todos os días, de luns a venres, entre as 16.45 e as 20.00 horas, a piscina do complexo deportivo Vila de Noia ten un espazo reservado para os nenos e as nenas do municipio carballés, unha actividade que se compatibiliza co uso da instalación por parte de entidades deportivas e usuarios/as individuais.

As persoas que precisen información máis detallada sobre o funcionamento da Escola de Natación Infantil do Concello de Carballo poden poñerse en contacto coa área de Deporte a través do enderezo electrónico carballodeporte@carballo.gal, chamando ao 981702109 ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas