Home Tabeirós A Estrada O BNG pide unha varanda de protección para a beirarrúa da rotonda...

O BNG pide unha varanda de protección para a beirarrúa da rotonda de Figueiroa

- Anuncio -

A determinadas horas do día, as inmediacións do colexio de Figueiroa é un auténtico fervedoiro de nais, pais, nenos e nenas, e tamén de coches., que non teñen espazo para aparcar debidamente. Isto provoca que moitas nais e pais utilicen as marxes da recta de Figueiroa para deixar os coches e levar as nenas e os nenos ao colexio. Sen embargo, este curto traxecto ten, a xuízo de nais e pais que se puxeron en contacto co BNG, un serio problema de seguranza vial na rotonda, antes de chegar ao paso de peóns.

Esta anaco de beirarrúa é moi estreito e non ten beiravía, o que aproxima moito os coches ás nenas e nenos que pasan por esta rúa en dirección ao colexio, o que ao noso ver, e tamén ao ver de nais e pais, supón un perigo evitábel cunha simple varanda de protección, que protexa ás nenas e nenos.

Aínda que até hoxe non se produciu ningunha desgraza neste sentido, entendemos que o concello debería investir en prevención, poñer a venda antes de que apareza a ferida, e non agardar a que ocorra algo, cousa que é bastante habitual.

Por todo isto, pedimos ao concello que atendan esta demanda dos veciños e veciñas da Estrada. Investir en seguranza vial non é un gasto.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas