Home Pontevedra O Salnés O PP nomea unha nova xestora en Vilagarcía, presidida por Ana Granja

O PP nomea unha nova xestora en Vilagarcía, presidida por Ana Granja

- Anuncio -

• Inclúe un total de once integrantes, cuxo primeiro obxectivo é nomear á persoa candidata para as municipais de maio.

O Partido Popular nomea unha nova xestora en Vilagarcía de Arousa, presidida pola voceira municipal, Ana Granja, e con Raul Santamaría como secretario. Xunto a eles, tamén a integran os concelleiros Yolanda Bóveda, Roberto Domínguez e Inma Díez, a deputada autonómica Elena Suárez, Lourdes Baños, Juan Maneiro, Marta Rodríguez Arias, Tamara López e Juan Andrés Bayón. Un equipo que combina persoas con experiencia no partido e na política local con novas incorporacións.

Os membros da xestora reuníronse onte pola noite co presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, un encontro no que tamén participaron a secretaria xeral Luisa Piñeiro, o vicesecretario de Acción Electoral, Javier Tourís e a coordinadora provincial do Salnés, Paz Lago, e que serviu para fixar como obxectivo inmediato do novo órgano dar a coñecer, coa maior brevidade, o nome da persoa candidata ás municipais de maio.

López pediu unidade, compromiso e traballar de xeito intenso para afrontar as municipais co mellor proxecto e o mellor equipo. “Temos por diante meses nos que temos que multiplicar esforzos. Hai que continuar na rúa, escoitar, facer propostas e xerar confianza. Todos xuntos traballaremos para que facer do PP un partido referente neste concello e conseguir a confianza maioritaria dos veciños”.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas