Home A Coruña A POIG reclama unha Lei galega de Infancia, maior atención á saúde...

A POIG reclama unha Lei galega de Infancia, maior atención á saúde mental nos nenos e nenas, e o dereito á participación infantil

- Anuncio -

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), con motivo da Conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia organiza varios actos centrais e descentralizados por toda Galicia.

Este ano, a POIG aposta por facer incidencia política sobre os Poderes Públicos galegos e reclamar unha lei de infancia e adolescencia galega que poña o foco na infancia e vertebre accións en favor dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.

Desde a Plataforma tamén insisten no dereito á participación infantil, como canle para que á infancia poda incidir tamén nas políticas que lles afectan como suxeitos activos de dereitos.
Cabe destacar que en materia de prevención sobre a violencia infantil, a POIG tamén está a facer fincapé na necesidade de armonizar e adaptar o marco legal autonómico aos cambios que supón a aprobada Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia Fronte á Violencia (LOPIVI).

Finalmente, a POIG destaca como tema necesario a tratar con celeridade, unha mellora dos servizos asistenciais en saúde mental nos nenos, nenas e adolescentes, con especial fincapé na infancia e adolescencia máis desprotexida.

Actos centrais
18 de novembro
O venres 18 de novembro, ás 10 horas, xunto á Valedora do Pobo, terá lugar un acto sobre Saúde mental infanto-xuvenil.
No acto intervirán:
• Mª Dolores Fernández, Valedora do Pobo
• Xesús Vilas, Presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia
• José Mazaira, experto en Psiquiatría infanto-xuvenil
O acto terá lugar na Sede da Valedora do Pobo en Santiago de Compostela.
21 de novembro
O luns 21 de novembro, ás 11:30 hs, a POIG celebra o Acto Central polo Día Universal dos Dereitos da Infancia coa Xunta de Galicia, no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), en Santiago.

Trátase dun acto no que diferentes grupos de nenos e nenas de toda Galicia expoñen as súas demandas en forma de dereitos aos responsables das políticas de infancia, dentro do proceso participativo que este ano leva o lema de “Participamos: É o noso dereito!”

No acto central intervirán:
• Xesús Vilas, Presidente da POIG.
• Jacobo Rey, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta.
• Grupos de infancia e adolescencia:
– CPR A Inmaculada (Lugo)
– ASPACE – Amencer (Vilagarcía de Arousa – Pontevedra)
– CEIP Luís Vives (Ourense)
– Fundación Secretariado Xitano
– CPI Virxe da Cela (Monfero – A Coruña)
– Colexio Santa Teresa de Jesús – Las Carmelitas (Ourense)
– CEIP Labarta Pose (Zas – A Coruña)

Baixo o lema “Participamos: É o noso dereito!” os nenos e nenas falarán, entre outros, de dereitos como á educación, á igualdade e non discriminación, a ser escoitados, á non violencia ni acoso escolar, ao xogo e á intimidade.

Lembrar que con este acto danse por finalizadas as accións presenciais do proxecto “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”, apoiado desde a Consellería de Política Social.

Actos descentralizados
Ademais destes actos da POIG na capital galega, terán lugar actos descentralizados, como en Ourense, Verín, Xinzo de Limia e Lugo, coas seguintes entidades:
• Ourense: Centro Xuvenil Don Bosco – Amencer; Federación ASDE Scouts de Galicia, Fundación Meniños, Cruz Vermella e Fundación Juan Soñador.
• Verín: Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.
• Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
• Lugo: Centro Xuvenil Don Bosco – Ateibo.

Relacionadas

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

Publicacións Relacionadas