Home A Coruña Preto de corenta obras concorren ao V Premio de Literatura Infantil Carlos...

Preto de corenta obras concorren ao V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

- Anuncio -

A finais do mes de decembro darase a coñece-lo nome da obra gañadora do V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. O xurado terá que decidir cal dos preto de corenta orixinais presentados merece a distinción. Este tribunal estará composto por Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia; Xosé Antonio Neira Cruz, escritor e gañador de dúas edicións; e Encarna Pego, mestra e socia da A. C. Barbantia.

Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal xunto coa editorial e a entidade cultural xa referidas, o dito certame constitúe xa un referente no panorama galego que busca, ademais de homenaxea-lo escritor xa falecido, promove-los autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e fomenta-la produción para inculca-lo hábito lector nas xeracións máis novas.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explica que o premio supón unha dotación económica de 3000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada da Pobra.

Os galardóns recaeron nas catro anteriores convocatorias en Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar ao estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; e repetiu Neira Cruz, nesta ocasión, con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas