Home Pontevedra Campo Lameiro As mobilizacións e as reclamacións dan os seus froitos en Campo Lameiro...

As mobilizacións e as reclamacións dan os seus froitos en Campo Lameiro que logra o compromiso da xerencia do Sergas de manter a médica sustita mentres dure a baixa do titular

- Anuncio -

O alcalde Carlos Costa recibe a confirmación dos responsables sanitarios de que non volverá a haber cambios de facultativo mentras non se incorpore o médico con praza

Os veciños e veciñas de Campo Lameiro non se manifestarán esta sábado pola tarde, como estaba previsto, tras recibir o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, a confirmación con garantías suficientes de que non se volverá mover á medica que agora atende aos pacientes do Centro de Saúde mentras non se incorpore da súa baixa o médico titular da praza.

Este acordo foi tomado na Xunta de Portavoces polas tres formacións políticas con representación na Corporación Municipal, PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE que quixeron darlle un marxe de confianza aos novos responsables da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra tras manter un par de reunións co alcalde, Carlos Costa, e de que conseguira do responsable sanitario o compromiso firme da estabilidade de facultativo en Campo Lameiro.

A concurrida concentración de protesta do pasado sábado e as numerosas reclamacións presentadas por escrito ante o SERGAS e o propio Concello para a súa tramitación ante as autoridades sanitarias respaldaron a reivindicación liderada pola Corporación Municipal que decidiu deixar de lado calquera posicionamento político para reclamar unha atención sanitaria digna, estable e continuada para os veciños e veciñas de Campo Lameiro.

MANTERASE O ESTADO DE ALERTA E VIXIANZA

A Xunta de Portavoces acordou tamén manterse en alerta e vixianza permanente para comprobar que o acordo se cumpre e que se lle dá certa tranquilidade e continuidade aos usuarios do Centro de Saúde de Campo Lameiro, sobre todo persoas maiores que veían como o cambio e as ausencias continuas na atención sanitaria estábase convertendo nun auténtico problema.

Os representantes das tres formacións políticas agradeceron, en primeiro lugar, aos veciños e veciñas de Campo Lameiro o apoio recibido ante as mobilizacións realizadas e manifestaron o seu desexo de darlle unha marxe de confianza aos responsables da Área Sanitaria de Pontevedra para que cumpran co compromiso acadado.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas