Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación levará ao concello de Mondariz o documental "20 anos de...

A Deputación levará ao concello de Mondariz o documental “20 anos de dignidade” sobre o afundimento do “Prestige”

- Anuncio -

A proxección realizarase o vindeiro luns 19 de decembro no auditorio municipal en dous pases, ás 16.15h e ás 20.30h

A Deputación de Pontevedra vai levar ao Concello de Mondariz o documental ’20 anos de dignidade’, baseado no afundimento do petroleiro Prestige na costa galega, do que se vén de cumprir o vixésimo aniversario o pasado 13 de novembro, e que provocou a maior catástrofe medio ambiental na historia do país. O visionado realizarse o vindeiro luns 19 de decembro na sala de proxeccións do auditorio municipal en dous pases, ás catro e cuarto da tarde e ás oito e media da noite, con entrada libre ata completar capacidade.

As proxeccións organizaranse dende o departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico dirixido pola deputada María Ortega, quen subliñou que “é fundamental poder transmitir o que supuxo o afundimento do Prestige, tanto polas súas terribles consecuencias medioambientais como pola marea de solidariedade colectiva que se produciu”.

O audiovisual, do director Jose Manuel Aragunde Pereira, ten unha duración de 45 minutos e foi creado especialmente pensando na xente máis nova, que naceu despois da traxedia: un 15,7% da poboación galega actual ten menos de 20 anos e non foi partícipe do suceso en 2002. De feito, as proxeccións poderán realizarse en centros de ensino.

A peza transmite un relato do acontecido no momento do afundimento, amosando imaxes do estado da costa galega, das praias, da flora e da fauna afectadas polo chapapote derramado. Conta con entrevistas a un amplo sector da sociedade que viviu a situación en primeira persoa, desde xente do mar que saíu a frear a marea negra ao voluntariado, pasando polas persoas que se encargaron da xestión.

A proxección lembrará os feitos que están e se manterán que na memoria das persoas que viviron o suceso no seu momento: que o accidente trouxo consigo un gran desastre económico coa prohibición de pescar e mariscar desde o 16 de novembro e durante varios meses, feito que ocasionou grandes perdas económicas a todas o sector vinculado, tanto directa como indirectamente, co sector do mar.

No caso da provincia de Pontevedra, con 398 quilómetros de costa, unha das zonas con gran afectación medio ambiental foi o parque nacional Illas Atlánticas e, en especial, a Illa de Ons, tanto na súa superficie como no seu fondo mariño.
Ademais do Concello de Mondariz, as proxeccións faranse noutros cinco concellos da provincia, os primeiros que presentaron a instancia e cumpriron os requirimentos técnicos das bases.

Relacionadas

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

O BNG de Meaño recolle as peticións dos veciños de Dena en materia de...

0
Os nacionalistas anunciaron medidas para repoñer os pasos de peóns eliminados e mellorar a seguridade peonil en varios puntos o concello. O pasado venres 3...

Unha trintena de actividades para desfrutar da primavera no Rosal

0
Literatura, música, andainas, teatro, deporte ou festas tradicionais marcarán a axenda cultural en maio e xuño O Rosal prepárase para desfrutar da primavera cunha morea...

A Feira do Libro arranca este xoves co pregón do Club de Lectura do...

0
O barrio de San Bieito será o epicentro literario e cultural do Porriño durante catro días Este xoves volve ao Porriño a Feira do Libro...

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Publicacións Relacionadas