Home O Salnés Meaño O BNG de Meaño recolle as peticións dos veciños de Dena en...

O BNG de Meaño recolle as peticións dos veciños de Dena en materia de Seguridade Peonil

- Anuncio -

Os nacionalistas anunciaron medidas para repoñer os pasos de peóns eliminados e mellorar a seguridade peonil en varios puntos o concello.

O pasado venres 3 de maio o BNG de Meaño realizou unha xornada de escoita coa veciñanza de Dena na que recolleron as demandas e queixas dos veciños. Na xuntanza fíxose notar o malestar que provoca entre a veciñanza a retirada do paso de  peóns de Coirón que pretende eliminar a Xunta. Fai case un ano que comezaron as obras para a súa retirada, impedida naquel entón polos veciños e veciñas da zona. É curioso que, no mesmo venres, a Xunta fixo un segundo intento de rematar a obra reparando a beirarrúa e eliminando a rampa cara ao paso de peóns, o que os veciños de Coirón voltaron impedir.

Os asistentes tamén comentaron a necesidade do paso de peóns que  daba acceso seguro ao Centro Social de Dena, lugar frecuentado por maiores e nenos polas múltiples actividades que nel se desenvolven.

Non se entende que sendo Dena un núcleo urbano articulado á beira dunha estrada a Alcaldía teña descoidada como ten a seguridade peonil. O BNG de Meaño consideraque é necesario aumentar a seguridade dos peóns que atravesan a diario a estrada e darlles preferencia sobre os automóbiles, que deben respectar a limitación de velocidade.

A Deputada Montse Prado e a Concelleira Rosana Domínguez anunciaron medidas concretas en materia de mobilidade: defenderán unha moción no Pleno para instar a actuar aos organismos competentes ao mesmo tempo que realizarán unha Iniciativa no Parlamento Galego para repoñer estes pasos de peóns. Por outra banda exixirán que a Alcaldía reaccione e solicitarán crear novos nos puntos onde é necesario, entre outras medidas para mellorar a seguridade peonil e aumentar a mobilidade en todo o concello de Meaño.

O BNG tende a man aos veciños e veciñas para ser unha ferramentaque lles permita ser partícipes das actuacións relevantes para o seu día a día facéndose eco das súas peticións.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas