Home Pontevedra Baixo Miño Unha trintena de actividades para desfrutar da primavera no Rosal

Unha trintena de actividades para desfrutar da primavera no Rosal

- Anuncio -

Literatura, música, andainas, teatro, deporte ou festas tradicionais marcarán a axenda cultural en maio e xuño

O Rosal prepárase para desfrutar da primavera cunha morea de actividades para todos os gustos, idades e públicos. Durante os meses de maio e xuño, o concello acollerá unha trintena de propostas nas que literatura, música, andainas, teatro, deporte ou festas tradicionais camiñarán da man para ofrecer “unha ampla programación que amosa o noso compromiso por contar cunha experiencia cultural e de lecer rica e diversa para toda a veciñanza”, como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Tras as Festas de San Xosé Obreiro organizadas a pasada semana pola Comisión de Festas de Novás, a programación arrancou este mesmo luns 6 de maio cunha representación musicalizada de ‘O violino de Luísa’, unha homenaxe á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, presentando a súa biografía desde nena nunha aventura polas rúas da Coruña na procura de poesía e de música perdidas. O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier e do CRA María Zambrano desfrutaron desta obra no auditorio municipal e recibiron o libro de Verónica Santalices como agasallo.

A axenda cultural continuará esta semana coa presentación do libro ‘Galicia para debutantes’ de Juan Carlos González este venres 10 de maio ás 20.00 horas na biblioteca municipal, co concerto de Abraham Cupeiro organizado pola Agrupación Musical do Rosal o sábado 11 ás 20.30 horas no auditorio e a celebración o domingo 12 da primeira edición de Rula Roupa Rosal’, un novidoso mercado de roupa e complementos de segunda man.

O Día das Letras Galegas celebrarase por todo o alto no Rosal cunha morea de actividades: ás 10.00 horas andaina e churrascada en Martín organizada pola Comisión de Festas de San Xoán, durante toda a xornada Torneo Memorial de Fútbol Iago Ameal no campo da Mata organizado pola UD Ribera e concerto do 17 de maio con Los Jinetes del Trópico ás 21.00 horas na Praza do Calvario.

O 19 de maio chega unha nova ruta das andainas interpretativas pola Senda dos Pescadores do río Carballas e o mes de maio rematará cunha fin de semana cargada de actividade: a Festa da Crianza Xoaniñas organizada pola Asociación Xoaniñas o día 25 a partir das 11.00 horas na Área recreativa das Aceñas e a presentación do libro de Xoán Gándara ‘Memoria dunha aldea’ da man da Asociación Ghorghalado na Abadía das Eiras ás 20.00 h e o día 26 Festa da ACOR cunha morea de propostas na Praza do Calvario dende as 09.00 horas.

Xuño chegará tamén ao Rosal con moitas e moi variadas actividades para ir dando a benvida ao verán. O 6 de xuño chega con Culturactiva e Pallasos en rebeldía a obra de teatro ‘Vía morta’ para o alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier pola mañá e para o público xeral a partir das 20.30 horas no Centro Social Polivalente. Esa mesma fin de semana, o sábado 8, celebrarase o XVI Encontro Galaico Portugués de Asociacións de Espondilite no auditorio municipal de 10.00 a 14.00 horas.

Á semana seguinte as charlas, a música, as festas e as camiñadas serán as protagonistas. O día 13 arrancan os Faladoiros no Xardín, unha serie de charlas sobre diversidade afectivo sexual e protección á infancia que se celebrarán nos xardíns do Concello ás 20.30 horas tamén os días 20 e 27 de xuño. O sábado 15 o alumnado da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal subiranse ao escenario do auditorio ás 12. 00 horas para unha audición e, ese mesmo día, comezan tamén as Festas de San Xoán de Martín organizadas pola Comisión de Festas e que terán lugar os días 15, 22 e 23 de xuño. O domingo 16 haberá dobrete coa andaina interpretativa polo Niño do Corvo e o Festival Musical do Coro Infantil e Combo da Agrupación Musical do Rosal ás 12.00 horas no auditorio municipal.

O mes de xuño encara a recta final coa graduación do alumnado de 4º da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier o día 19 ás 16.30 horas no auditorio municipal e co festival de fin de curso da Escola da Agrupación Musical do Rosal o día 22 ás 19.30 horas. A última fin de semana será a quenda da representación da obra ‘Vila Marabilla’ a cargo da Escola Municipal de Teatro do Rosal o venres 28 ás 20.00 horas no auditorio municipal e o sábado 29 de xuño do X Concerto Coral Ecos do Verán de Ecos do Folón ás 20.30 horas tamén no auditorio do Rosal.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas