Home Pontevedra Baixo Miño Samara Mouriño e Jorge Bouzada, premiados polo seu esforzo e a súa...

Samara Mouriño e Jorge Bouzada, premiados polo seu esforzo e a súa superación persoal

- Anuncio -

Estes estudantes do IES Antón Alonso Ríos son dous dos 20 alumnos e alumnas de toda Galicia galardoados pola Xunta pola súa dedicación para superar diferentes dificultades

Samara Mouriño e Jorge Bouzada, estudantes do IES Antón Alonso Ríos, acaban de ver como todo o traballo realizado durante estes anos para superar diferentes dificultades tiña a súa recompensa. Samara e Jorge foron dous dos 20 mozos e mozas galardoados en toda Galicia co premio de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, un recoñecemento ao seu sacrificio e á súa dedicación continua para deixar atrás dificultades persoais, educativas ou socioculturais.

Dous loitadores incansables que levan o esforzo persoal como bandeira, Samara e Jorge reciben así “un especial e merecido recoñecemento polo empeño demostrado ao longo da etapa de Secundaria para superar os obstáculos e en continuar co seu proxecto educativo cunha traxectoria que é exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares e un orgullo para as familias e docentes”, como explica a directora do IES tomiñés, Cruz Garrido.

Samara e Jorge non baixan os brazos e continúan traballando arreo para seguir saltando calquera dificultade que se lles poña por diante. Unha vez rematada a ESO, ambos continúan os seus estudos en primeiro de Bacharelato no instituto apoiados polas súas familias “e coa admiración e cariño do resto de alumnos e alumnas e do equipo de profesores e profesoras do centro”. “Para o noso instituto é un orgullo contar con alumnado como Samara e Jorge, porque son un exemplo de que non debemos rendernos e de que con ganas, ilusión e moito traballo non hai meta que se nos resista”, salienta Garrido.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo trasladar os parabéns do Concello “a Samara e Jorge por este recoñecemento, pero tamén por ser quen de impoñerse a situacións complicadas con moito tesón, esforzo e traballo”. A rexedora tamén felicitou ás familias e ao propio IES Antón Alonso Ríos, porque “o feito de que no mesmo centro haxa dúas persoas ás que se concedera este premio é un mérito do labor conxunto entre o fundamental apoio familiar e a implicación e adaptación dos equipos docentes, que supón un importante respaldo para que nenos e nenas manteñan esa forza e empezo en avanzar”.

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas