Home Deputacións Deputación Ourense Cinco películas rodadas en Ourense co patrocinio da Deputación, preseleccionadas na candidatura...

Cinco películas rodadas en Ourense co patrocinio da Deputación, preseleccionadas na candidatura de mellor longametraxe nos XXI Premios Mestre Mateo

- Anuncio -

Para o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, “a preselección destas cinco películas, dun total de sete, vai máis aló dos números, pois significa que desde a Deputación de Ourense estanse apoiando producións de calidade”

Estes éxitos, xunto á consolidación do OUFF, a posta en marcha da Ourense Film Commission ou o taller para guionistas e produtores do audiovisual galego que acollerá Ourense en xuño contribúen a “liderar o posicionamento da provincia como un destino de calidade que dirixa cara o noso territorio todas as producións posibles”, afirma Manuel Baltar

As cintas preseleccionadas son A mazá de Ouro, dirixida por Jaime Chávarri; El Tirabeque, de Darío Autrán; Live is Life, de Dani de la Torre; O corpo aberto, de Ángeles Huerta; e O Home e o can, de Ángel de la Cruz

A primeira rolda de votacións pechou hoxe ás 14,00 horas. Os gañadores coñecerase na gala de entrega de premios que, enmarcada no acordo de colaboración entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual, celebrarase en Ourense o próximo 11 de marzo, presentada por dous ourensáns: a actriz Eva Fernández e o comunicador Rodrigo Varela

Cinco das sete películas preseleccionadas na categoría de Mellor Longametraxe na XXI edición dos Premios Mestre Mateo foron rodadas co patrocinio da Deputación de Ourense en distintas localizacións da provincia. A mazá de Ouro, dirixida por Jaime Chávarri; El Tirabeque, de Darío Autrán; Live is Life, de Dani de la Torre; O corpo aberto, de Ángeles Huerta; e O Home e o can, de Ángel de la Cruz, comparten espazo xunto con outras dúas cintas nunha categoría cuxo gañador se coñecerá na gala de entrega de premios que se celebrará en Ourense o próximo 11 de marzo, dentro do acordo de colaboración entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, transmite os seus parabéns aos directores, produtores, artistas e equipos técnicos das películas seleccionadas, “que grazas ao decidido apoio da Deputación polo audiovisual, e nomeadamente pola produción galega, apostaron por rodar en Ourense e dar pulo á nosa estratexia para converter á provincia nun inmenso plató de cinema, o máis importante de Galicia”.

Para Manuel Baltar, “a elección destas cinco películas, dun total de sete, vai máis aló dos números, pois significa que desde a Deputación de Ourense estanse apoiando producións de calidade”. Unha liña de traballo que, lembrou, “xa tivo o seu reflexo nos Premios Goya de 2022, cos galardóns que conseguiron “Valentina”, como mellor filme de animación, e o ourensán Chechu Salgado, distinguido coma mellor actor revelación, e un dos membros do reparto da serie ‘Motel Valkirias’, en ambos casos co patrocinio da Deputación”.

Estes éxitos, xunto coa consolidación do OUFF, a posta en marcha hai case un ano da Ourense Film Commission ou o taller que se celebrará en Ourense no mes de xuño dirixido a guionistas e produtores da industria audiovisual galega, dentro do programa European Writers Club, contribúen según Manuel Baltar a “liderar o posicionamento da provincia como un destino de calidade que dirixa cara o noso territorio todas as producións posibles”.

Récord de participación na edición de 2023

A primeira rolda de votacións dos XXI Premios Mestre Mateo pechou este luns ás 14.00 horas cun récord de participación: 194 obras, case un 20 % máis que na pasada edición, e 489 profesionais que optarán por conseguir algún dos 26 galardóns que se entregarán na gala que a Academia Galega do Audiovisual –promotora destes premios- celebrará o próximo 11 de marzo no Auditorio municipal de Ourense, presentada por dous ourensáns: a actriz Eva Fernández e o comunicador Rodrigo Varela. Unha cita que suporá o regreso a Ourense dos Mestre Mateo despois da última gala celebrada na capital hai nove anos.

Xunto coas cinco películas xa citadas tamén compiten polo premio á mellor longametraxe Código Emperador, do gañador á mellor dirección en 2022, Jorge Coira; e Sofía Casanova, a obreira de pensamento, de Zara Ceballos, co-dirixida con Noelia Muíño.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

Publicacións Relacionadas