Home A Coruña A Xunta reforza o equipamento dos GES de Curtis, Ponteceso, Mos/Redondela, Ribadavia,...

A Xunta reforza o equipamento dos GES de Curtis, Ponteceso, Mos/Redondela, Ribadavia, e o Servizo Municipal Terras de Celanova con camións autobomba

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega deste material que suma un orzamento de case 1,3M€


— Forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia este ano 13 GES da comunidade e que inclúe tamén seis vehículos para servizos varios e catro equipos de excarceración


— O investimento global destinado aos GES ascende a 2M€, no marco dos máis de 24M€ investidos nos últimos anos en material a GES e aos servizos de Protección Civil

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a distintos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da comunidade, con cinco camións autobomba. O destinatarios foron os GES de Bergantiños, con sede en Ponteceso; Betanzos, Terra de Melide e Ordes, con sede en Curtis; Redondela e Mos, con subsedes en ambos os concellos; do Ribeiro, con sede en Ribadavia, e o Servizo Municipal Terras de Celanova, con sede en Celanova.

Trátase de cinco camións tipo Bomba Rural Pesada (BPR) cunha capacidade de 3.000 litros e bomba centrífuga con presión combinada e lanzamento de auga en baixa e alta presión. O Goberno galego investiu nestas novas dotacións preto de 1,3M€, 253.854 euros por cada unidade. Ao acto desenvolvido hoxe, acudiron tamén o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A entrega forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2M€. Así, o mes pasado entregáronse seis furgóns de servizos varios e está prevista tamén a cesión de catro equipos de excarceración, entre outro material para a atención ás emerxencias.

A Xunta aposta así por dotar os servizos de emerxencias dos concellos cos recursos precisos para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da protección da cidadanía e do patrimonio. Segundo apuntou Diego Calvo, o obxectivo é garantir as mellores condicións de seguridade e a maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

Apoio aos servizos de emerxencias locais
Nesta liña referiuse a que, pese a tratarse dunha competencia local -dos municipios de máis de 10.000 habitantes e das deputacións nos de menor poboación- o Goberno galego colabora no equipamento dos seus GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) con máis de 24M€nos últimos anos. No caso das AVPC estase a entregar tamén material da orde de equipamento do ano pasado, que conta cunha dotación de 1M€ para coitelas quitaneves, remolques, tendas de campaña para a atención ás emerxencias, vehículos todoterreo, esparexedores de sal, embarcacións pneumáticas e desfibriladores externos.

O vicepresidente segundo explicou que o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento. Tamén financia os gastos de mantemento das AVPC a través dunha orde anual que supón, de media, 340.000 euros.

Cómpre lembrar que a Xunta aprobou a finais do pasado ano a sinatura de dous convenios coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións da Coruña e Lugo para financiar o desenvolvemento dos GES destas provincias. Así, o convenio coa Deputación da Coruña ten unha vixencia de dous anos, mentres que o asinado coa de Lugo é só para este ano.

Deste xeito, ambas as deputacións que no exercicio anterior rexeitaran as melloras propostas pola Xunta aceptaron aplicalas neste 2023 cos novos convenios. Así, incrementaranse en 40.000 euros os custos salariais dos efectivos dos GES, pasando de 280.000 a 320.000 euros, co obxecto de adaptalos ao seu custo real actual. Na provincia da Coruña tamén se acordou equiparar o financiamento do servizo municipal de Noia ao resto dos GES, pasando de 155.000 a 320.000 euros.

Estas melloras xa se levan aplicando nos grupos da provincia de Ourense grazas ao acordo da Xunta coa Deputación ourensá e a Fegamp formalizado en 2022 para manter o acordo durante catro exercicios, ata 2025. No caso dos GES da provincia de Pontevedra, rexeitaran as medidas e o acordo actual vence a finais deste ano.

Relacionadas

Luis López interésase polas necesidades dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado nunha...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de manter un encontro de traballo co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo domingo, 5 de maio, no...

0
A mostra da artista pontevedresa recompila as súas pinturas na busca da cor e “da forma do meu verdadeiro eu” A Deputación de Pontevedra mantén...

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX...

0
Este martes 30 de abril ás 9:00 ábrese o prazo para solicitar praza no concerto, que se celebrará o sábado 11 de maio ás...

Figueirido homenaxea a José Portela Canosa na súa II Comida de Confraternidade

0
César Poza destaca a labor social de “Pepe o Ferreiro”, un home con 99 anos cumpridos que exerceu de practicante na posguerra para salvar...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán...

0
Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo...

Éxito de participación na terceira edición da Feira do Libro de Soutomaior

0
Esta tarde pechará a terceira edición na casa do pobo do Val Sobral. Unha Feira do Libro que encheu de alegría, de literatura, de...

Publicacións Relacionadas