Home Pontevedra Caldas O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático...

O profesor José Manuel Fariña reivindicou a inclusión da figura de matemático Domingo Fontán no proxecto curricular do ensino en Galicia, no 236º aniversario do seu nacemento

- Anuncio -

Foi o encargado de pronunciar o pregón e acompañar ao alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e á presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán na ofrenda floral ao insigne cartógrafo e xeógrafo

José Manuel Fariña Jamardo, profesor de Historia da Arte do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis, reivindicou a necesidade de incluir no proxecto curricular do ensino en Galicia a figura do insigne cartógrafo e matemático Domingo Fontán na lectura do pregón que pronunciou na Casa da Cultura con motivo da homenaxe que a Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas rendiron ao insigne xeógrafo no 236º aniversario do seu nacemento no lugar da Porta do Conde.

Fariña Jamardo foi recibido na Casa de Cultura da Porta do Conde polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez; as concelleiras Ana Peña e Chus Fontán; a presidenta da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, Concha Méndez, e membros do Grupo de Gaitas deste recoñecido colectivo cultural.

Durante a súa intervención ante o numeroso público que enchía o salón de actos da Casa de Cultura, Fariña Jamardo confesou sentirse atraído desde sempre pola figura deste ilustrado do século XIX e sostivo que era moi necesario para a Galicia actual e as xeracións futuras coñecer o alcance do pensamento e a obra de Domingo Fontán como unha das figuras máis poliédricas na historia da nosa Comunidade Autónoma e cuxos restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, xunto a persoeiros tan senlleiros como Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Castelao e Francisco Asorei.

No transcurso da súa alocución foi diseccionando e introducindo ao público na vida e obra dun home único, adiantado ao seu tempo e que despois de 17 anos de medicións e percorrido por todo o territorio galego foi quen de debuxar a primeira Carta Xeométrica de Galicia, deseñar as principais vías de comunicación da Comunidade Autónoma e mesmo proxectar a primeira liña de ferrocarril en Galicia entre Carril e Santiago de Compostela.

A continuación, Juan Manuel Fariña, representantes da Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, así como membros da Corporación Municipal, emprenderon a marcha desde a Casa da Cultura ata o monumento dedicado a Domingo Fontán para depositar unha coroa de flores diante da efíxe pétrea do insigne cartógrafo e matemático. A ese acto sumouse a presidenta da Asociación, Concha Méndez, quen foi a encargada de facer a ofrenda floral xunto a súa filla e ao alcalde.

Finalmente, o Grupo de Gaitas Domingo Fontán de Portas interpretou o himno de Galicia na honra do insigne ilustrado para dar por concluída a homenaxe tributada polo pobo de Portas que mantén vivo na súa memoria ao matemático, político e cartógrafo.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas