Home Xunta de Galicia Máis de 400 persoas participarón na terceira edición do Congreso Mo_Cidade da...

Máis de 400 persoas participarón na terceira edición do Congreso Mo_Cidade da Xunta de Galicia

- Anuncio -

— Durante as súas tres xornadas celebráronse mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros

— Fabiola García puxo en valor a importancia desta cita “integrada por mozos que se dirixen a mozos” e ca que se procura que broten ideas e se impulsen novos proxectos

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, clausurou hoxe o congreso Mo_Cidade, que nesta terceira edición, celebrada no Palacio de Exposición e Congresos da Coruña (Palexco), contou coa participación de 400 persoas. Na cita puideron desfrutar dun amplo abano de actividades como conferencias, concertos, obradoiros ou monólogos.

Fabiola García recordou que Mo_Cidade este ano se cambiou de data e tamén de localización, pero que mantivo o seu espírito cunha edición con moito talento. Así, puxo en valor que a importancia deste congreso é que “está integrado por mozos que se dirixen a mozos” e, a través do cal, se procura que broten ideas e se impulsen novos proxectos.

Neste sentido, a conselleira subliñou que o Goberno galego quere que a Galicia de hoxe incorpore canto antes todo o que ten que achegar a xuventude galega, por iso, sinalou que son moitos os programas que se poñen en marcha para dalo a coñecer. Entre eles, destaca Xuventude Mentoring, para a inmersión e titorización no mundo laboral de persoas que acaban de estudar; Iniciativa Xove, que ofrece axudas de ata 5000 euros para que comezar un proxecto sexa máis doado; ou Parlamento Xove, que convida a debater e mellorar as habilidades na oratoria.

Mo_cidade 2023
En Mo_cidade teñen lugar diferentes actividades que procuran darlle protagonismo á xente nova e aos ámbitos do seu interese como pode ser a cultura urbana, as novas tecnoloxías, o mundo dos videoxogos, a música, o emprendemento e o acceso ao mercado laboral. En definitiva, unha cita de ocio na que se conxuga e se pon en valor o talento da xuventude e o seu papel na sociedade.

Nesta edición celebráronse conferencias de profesionais recoñecidos como o mánager do artista C Tangana, Íñigo Elósegui; a tiktoker Carla Gabián; a cofundadora de Lázzaro e unha das integrantes na lista Forbes menores de 30 anos, Carlota Corzo; ou o director deportivo do equipo de gaming KOI, David Sabater.

Tamén houbo actividades dirixidas ao persoal técnico, con xornadas de traballo específicas; actuacións musicais a cargo de Alicia Otero, gañadora da especialidade de Música de Xuventude Crea 2021, ou da artista Lina de Sol; un monólogo do humorista galego Pablo Meixe.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas