Home O Salnés Meis O PP de Meis esíxelle á alcaldesa que pague do seu peto...

O PP de Meis esíxelle á alcaldesa que pague do seu peto o recurso da sentenza que perdeu polo servizo do lixo “para non prexudicar máis aos veciños”

- Anuncio -

• Marta Lucio xa rexistrou unha moción para reclamar mañá no pleno municipal que desista de recorrer o fallo do xuíz porque esa decisión supón un gasto máis para o Concello de Meis.


• Ademais, proporá que sexa a próxima corporación municipal, saída das urnas, a que decida si o servizo de lixo debe ser mancomunado ou municipal, e que os tres partidos asuman o compromiso de seguir mantendo as taxas de lixo conxeladas para os veciños.

O Partido Popular de Meis rexistrou unha moción para solicitar no pleno municipal que se celebra mañá que a alcaldesa, Marta Giráldez, desista de recorrer o fallo do xuíz que anulou a modificación do contrato de recollida do lixo, “porque esa decisión supón un gasto a maiores para o Concello de Meis e prexudicará aínda máis aos veciños”. Do contrario, a voceira popular e candidata á alcaldía, Marta Lucio, esixiralle “que sexa ela quen pague do seu peto o recurso da sentenza”.

Lucio lamenta a “absoluta falla de autocrítica” da rexedora, ao dicir que todo o proceso estivo ben feito “cando ten enriba da mesa unha demoledora sentenza en contra”. Para a candidata popular “é alucinante que a alcaldesa diga que facemos o ridículo cando é ela, que ademais é avogada, a que ten unha sentenza que lle di que fixo as cousas moi mal e o peor de todo é que segue obcecada co asunto en vez de admitir a realidade”.

Por iso, na moción que o PP defenderá no próximo pleno, ademais de pedir ao Goberno socialista que desista de recorrer a sentenza, tamén propoñen que sexa a próxima corporación municipal, a que saia elixida das eleccións municipais do 28 de maio, a que decida si o servizo de lixo do concello debe ser mancomunado ou si, pola contra, aposta porque sexa municipal.

E tamén buscarán o compromiso unánime dos tres grupos políticos para comprometerse a seguir mantendo as taxas do lixo conxeladas, porque o incremento de máis de 80.000 euros anuais no contrato actual é unha realidade. Lucio di, que “aínda que agora o agoche, o Goberno socialista quere subir as taxas para compensar o sobrecusto disparado que el mesmo xerou no servizo de limpeza”.

Relacionadas

A choiva dá unha tregua a veciánza de Lantaño para que poida saír en...

0
O alcalde, Ricardo Martínez, encabezou a comitiva que tras saír da capela foi do Cruceiro do Culebrón ao de Paredes e regreso acompañada do...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

III Encontro de Igualdade da provincia de Pontevedra

0
Os Comandos Cova de Cova Terreña e Rochas Violetas do IES Primeiro de Marzo uníronse nesta xornada moderada por Chus Oliveira, recoñecida figura en...

Smart Mobility Marín: unha aplicación para consultar en tempo real a ocupación dos aparcadoiros...

0
A App pode descargarse nos móbiles e é un dos piares do proxecto Smart Citie, que se financiou a través de Marín Dusi, e...

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no...

0
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo...

O Concello de Marín celebra o Día das Letras Galegas con actividades durante todo...

0
Marín quere aproveitar o Día das Letras Galegas, celebrándoo ao longo do mes coa programación de distintas actividades.  O Concello de Marín programou unha axenda...

Publicacións Relacionadas