Home A Coruña Cerdido aproba un orzamento de 1,2 millóns de euros para o ano...

Cerdido aproba un orzamento de 1,2 millóns de euros para o ano 2023 conxelando, de novo, as taxas e impostos para non gravar a economía dos veciños e veciñas

- Anuncio -

• A votación celebrouse no pleno celebrado o pasado mércores, 29 de marzo, que contou coa postura favorable do PSdeG-PSOE

• A administración presenta, ademais, débeda cero e un remanente positivo de tesourería, o que pon en valor a xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos por parte do Executivo local

O pleno do Concello de Cerdido aprobou o pasado mércores, 29 de marzo, un orzamento de 1,2 millóns de euros para este ano 2023 conxelando, un ano máis, as taxas e impostos para non gravar as enconomías dos veciños e veciñas.

Trátase dun orzamento que destaca a súa aposta polas políticas de carácter social e a prestación de servizos durante os 365 días do ano ás persoas máis vulnerables.

Os 1.256.512 euros non contemplan o proxecto do IDAE, unha actuación que conta cun investimento de 550.000 euros, que está a permitir o cambio de luminarias en todo o termo municipal, nin a actuación na Casa da Cultura para crear a Casa do maior, unha oficina de coworking e aulas de formación a través dos Fondos de Transición Xusta, cunha partida de 461.000 euros. Ambos proxectos, que xa están aprobados pero non veñen reflexados no orzamento, dobrarán esta cantidade.

Ademais, o Concello de Cerdido remata o ano con débeda 0 e con remanente positivo de tesorería o que, en palabras do alcalde, Benigno Galego, sigifica “que se está a facer unha xestión eficiente e eficaz dos recursos públicos por parte do noso equipo de Goberno”.

O rexedor engade que “son uns orzamentos nos que priman as políticas de carácter social e que contemplan investimentos que redunden no beneficio da veciñanza de Cerdido”.

Relacionadas

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Abegondo solicitará a reversión dun tramo do Camiño ao antigo trazado para mellorar a...

0
• O alcalde reuniuse hoxe cos veciños de Meangos e Cos polas obras na estrada provincial O Concello de Abegondo concretou hoxe cos veciños as...

Publicacións Relacionadas