Home A Coruña A Xunta de Galicia mellora a eficiencia enerxética dos xulgados en Noia...

A Xunta de Galicia mellora a eficiencia enerxética dos xulgados en Noia cun investimento superior aos 200.000 euros

- Anuncio -

Freire agradeceulle á Xunta “mellorar as condicións nas que se prestan os servizos á cidadanía de Noia”

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, acompañou esta mañá ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e á secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, na súa visita ao edificio dos xulgados en Noia para comprobar as actuacións de rehabilitación e mellora enerxética realizadas e nas que a Xunta de Galicia investiu máis de 200.000 euros. Unha visita na que estiveron acompañados pola concelleira Economía e Xuventude, Laura Salgado, e polo concelleiro de Urbanismo e Obras, Martín Fernández Godón.

No marco da visita, José Tronchoni, Elena Muñoz e Santiago Freire mantiveron unha xuntanza coa xuíz decana e os letrados da Administración de Xustiza, na que puxeron de manifesto o interese de apostar por este inmoble en liña co obxectivo da Xunta de facer cidade integrando os órganos xudiciais nos núcleos urbanos. Freire Abeijón destacou que as obras “se enmarcan dentro do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico noiés e permitirán mellorar as condicións nas que se prestan os servizos á cidadanía de Noia, algo que repercute directamente sobre o persoal dos Xulgados”. A maiores, lembrou que “estamos pensando nunha próxima actuación para optimizar espazos nas dependencias xudiciais e facelas máis funcionais para a cidadanía”.

As consistiron nunha actuación nos illamentos exteriores do edificio, coa retirada de todas as carpinterías existentes que foron substituída por outras novas de castaño laminado e vidro. Tamén se reparou a porta de acceso principal e dúas das balconeiras existentes. A maiores, retirouse e substituíuse a cuberta, incluídas as carpinterías Velux, e as luminarias. Durante as obras, o Concello ofreceuse a acoller provisionalmente os expedientes xudiciais do arquivo.

José Tronchoni salientou o compromiso do Goberno galego coa mellora das infraestruturas xudiciais, como o investimento de máis de 125 millóns de euros no Plan de Infraestruturas Xudiciais e a creación da Cidade da Xustiza de Vigo, á que se destinaron máis de 42 millóns de euros. A mellora dos recursos materiais complétase co impulso que lle está a dar o Goberno galego á dixitalización nos xulgados galegos a través do Plan tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia, Senda 2025, presupostado en 43 millóns de euros, que se suma aos 50 millóns de euros dos dous Plans Senda anteriores.

Relacionadas

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

O executivo local levará a pleno a inicios de maio uns orzamentos “sociais” que...

0
 Ao igual que no resto de cuestións de goberno, o equipo liderado por Sergio Platas abriu a fiestra de diálogo co resto de...

O Concello xestiona con Infraestruturas a construción de vivendas de protección pública, dúas melloras...

0
• A nova conselleira, María Martínez Allegue, recibiu onte ao alcalde, Valentín Calvín, e o concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural, Jaime...

O BNG propón a circunvalación da Laxe para solucionar os problemas veciñais de convivencia...

0
O acceso á Terceira Rolda aumenta o tráfico e dificulta o paso, mesmo o peonil, nun rueiro de zonas estreitas O PXOM leva máis de...

Publicacións Relacionadas