Home Deputacións Deputación Ourense O proxecto “Ruagua”, do Consorcio de Augas de Valdeorras, recibe 300.000 euros...

O proxecto “Ruagua”, do Consorcio de Augas de Valdeorras, recibe 300.000 euros para desenvolver unha iniciativa de produción sostible e cogobernanza de auga rexenerada

- Anuncio -

Esta iniciativa deseñada para a EDAR da Rúa, na que participa a Deputación de Ourense a través do Consorcio de Augas de Valdeorras, foi seleccionada xunto a outros dous plans para formar parte do Proxecto Demos de economía circular en comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes

O obxectivo de “Ruagua” é garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico na contorna da Rúa. Conta cun enfoque circular baseado na xeración de auga rexenerada, o uso de enerxía solar como fonte renovable e a produción de compost a partir de augas residuais

O xurado seleccionou ás tres iniciativas gañadoras dun total de 162 candidaturas, procedentes de 16 comunidades autónomas e 42 provincias

O proxecto “Ruauga”, no que participa a Deputación de Ourense a través do Consorcio de Augas de Valdeorras, ven de ser seleccionado polo xurado do Proxecto Demos como un dos tres beneficiarios dunha dotación de 300.000 euros, co obxectivo de medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en tres comunidades rurais de menos de 5.000 habitantes.

Nunha decisión que se fixo pública esta mañá, o proxecto Demos recoñece ao Consorcio de Augas de Valdeorras, que está traballando na implantación dun sistema de produción sostible e cogobernanza de auga rexerada na EDAR da Rúa.

O obxectivo de “Ruagua” é garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir o estrés hídrico na contorna da Rúa. O proxecto conta cun enfoque circular baseado en tres eixos: xeración de auga rexenerada, uso de enerxía solar como fonte renovable e produción de compost a partir das augas residuais xeradas no contorno da EDAR.

Xunto á iniciativa do Consorcio de Augas de Valdeorras foron seleccionadas nesta convocatoria do Proxecto Demos os plans “Naturalia Bureba”, que se desenvolverá en Bugedo (Burgos) e “Innovación Gastronómica”, que se implementará en Cuevas del Becerro (Málaga).

162 candidaturas procedentes de 16 comunidades autónomas

Os tres proxectos gañadores foron seleccionados entre nove proxectos finalistas o pasado 31 de marzo, nunha xornada celebrada na sede de Cotec, en Madrid, ante un xurado composto por 13 persoas. Os nove finalistas foron seleccionados entre un total de 162 candidaturas, procedentes de 16 comunidades autónomas e 42 provincias.

Segundo recolle a nota de prensa de Cotec, o xurado encomiou a calidade das nove propostas finalistas e a deliberación, que requiriu analizar con detalle as memorias presentadas, prolongouse durante varios días. Os outros seis proxectos finalistas foron “Circular Fungi” (Pradejón, A Rioxa), “Sialcis” (Somiedo, Asturias), “Del Bosque a tu casa” (Molina de Aragón, Guadalaxara), “Alimentación Circular” (Fasnia, Tenerife), “Comillas, recicla por lo que importa” (Comillas, Cantabria) e “Montitxelvo Circular” (Montitxelvo, Valencia).

Desenvolvemento sostible

O Proxecto DEMOS forma parte do Plan Allen da compañía IKEA -Membro Conselleiro de Cotec-. O Plan Allen é unha iniciativa de IKEA para contribuír á recuperación da economía e a sociedade española. O seu principal obxectivo é crear emprego e promover a xeración dun desenvolvemento sostible. O Plan Allen desenvolverase entre 2022 e 2025. Ademais de Cotec, forman parte do Plan Allen outras tres entidades: WWF, FADEMUR/FADEMUR e ASHOKA.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés...

0
Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo...

A Deputación colaborará coa AEPA para facer de Ourense a primeira provincia nacional de...

0
Así o acordaron Luis Menor e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), nunha reunión de traballo no...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

Publicacións Relacionadas