Home Ourense A Limia Manuel Baltar: “A candidatura de Antonio Fernández significa xestión e feitos, xusto...

Manuel Baltar: “A candidatura de Antonio Fernández significa xestión e feitos, xusto o que faltou en Xinzo nos últimos catro anos”

- Anuncio -

Antonio Fernández destaca a potencia da candidatura, “ampla e plural”, e cunha renovación de máis dun 80% respecto ás eleccións municipais de 2019

Manuel Baltar remarca o “magnífico equipo” liderado por Antonio Fernández, “unha candidatura solvente, preparada para conseguir a maioría absoluta o vindeiro 28 de maio e gobernar dende o minuto un”

“Antonio Fernández é unha persoa comprometida co PPdeOU e con Xinzo de Limia. Coñece perfectamente o territorio e é unha persoa traballadora, con bo talante e cunha sobresaínte capacidade para traballar en equipo, como demostra o nivel desta candidatura”, analiza Manuel Baltar

“Este equipo significa PPdeOU: é dicir, xestión, feitos e capacidade para artellar proxectos transformadores e tecer liñas de cooperación, xusto o que faltou en Xinzo nos últimos catro anos de desgoberno”, sinala o presidente provincial sobre unha candidatura na que Carlos Gómez, exconcelleiro e deputado autonómico, acompaña a Antonio Fernández como número 2

Manuel Baltar incide na importancia das eleccións municipais, a “oportunidade para cambiar o rumbo de Xinzo de Limia. Porque os veciños necesitan un goberno municipal serio e coherente, que devolva a este concello, cheo de potencial e oportunidades, ao camiño do progreso”

“Convocatoria tras convocatoria, os veciños apostan polo Partido Popular. Este é o Partido de Ourense, un fito que se consegue polo traballo diario, non en quince días de campaña. Este é o segredo, e este é o camiño polo que recuperaremos a maioría absoluta en Xinzo de Limia”

ANTONIO FERNÁNDEZ: “O PERFIL DOS INTEGRANTES DESTA LISTA RESPONDE A UNHA AMPLA REPRESENTACIÓN DA SOCIEDADE LIMIÁ, CUNHA MEDIA DE IDADE DE 48 ANOS”

“Esta é unha gran candidatura, ampla e plural”, destaca o candidato, Antonio Fernández, que incide na renovación: “Respecto aos comicios do 2019, esta lista ten unha renovación de máis dun 80%”

“Este equipo está integrado por persoas cuxo perfil responde a unha ampla representación da sociedade limiá, combinando xuventude e experiencia, e cunha media de idade situado nos 48 anos”, sinala o cabeza de lista popular

Antonio Fernández tamén incide en que “por primeira vez, a candidatura dos populares de Xinzo está integrada por máis mulleres que homes -13 mulleres e 10 homes- dentro do noso compromiso pola igualdade real”

“Apoiados neste gran equipo, e coa forza de todos os veciños de Xinzo, recuperaremos a maioría absoluta e comezaremos a construír o futuro do noso concello”, conclúe Antonio Fernández

CANDIDATURA DO PP DE XINZO

1.- Antonio Fernández Veiga

Portugalete (Bilbao), 1970

Técnico en explotacións agropecuarias. Capataz agrícola.

2.- Carlos Gómez Salgado

Xinzo de Limia, 1960

Técnico superior en prótese dental.

Deputado do Parlamento de Galicia.

3.- Cristina Campero Dorado

Rairiz de Veiga, 1992

Axente Forestal e Medioambiental

da Xunta de Galicia.

4.- Ricardo Sieiro Opazo

Xinzo de Limia, 1968

Licenciado en filoloxía inglesa.

Profesor de Idiomas

5.- Otilia Conde García

Xinzo de Limia, 1979

Traballadora en establecemento de hostalería.

6.- Iván Cabrera Trigo

Xinzo de Limia, 1984

Diplomado en Enfermería.

Bombeiro do Servicio de extinción de incendios e salvamento.

7.- María José Cuquejo Márquez

Xinzo de Limia, 1973

Xericultora

Traballadora Socio Sanitaria

8.- Rosa González Díaz

Xinzo de Limia, 1960

Autónoma

Artesanía de Galicia.

9.- Alicia Feijóo Dacal

Xinzo de Limia, 1997

Estudos de Educación Infantil

Traballadora por conta allea.

10.- Antonio Rodríguez Rodríguez

Licenciado en Económicas e Técnico en Xestión Administrativa

Administrativo

11.- Sabina Árias Corbillon

Xinzo de Limia, 1970

Ama de casa

12.- Beatriz Díz Nóvoa

Xinzo de Limia, 1992

Agricultora.

13.- Jose Antonio Valbuena Iglesias

Ourense, 1960

Funcionario

Suplentes

1.- Alida Santana González

Xinzo de Limia 1981

Técnica en Peluqueria e estética

2.- Josefa Donaire Parada

Xinzo de Limia, 1973

Licenciada en filoloxía inglesa e

Diplomada en Maxisterio.

3.- Maria Isabel Colmenero Campos

Traballadora por conta allea

4.- Alejo Marra Parejas

Xinzo de Limia, 1984

Técnico en ebanistería artística. Construtor de instrumentos musicais.

5.- Antonio García Bolaño

Xinzo de Limia, 1965

Operario de servizos varios

6.- Flores Rodríguez Rodríguez

Xinzo de Limia, 1960

Xubilada

7.- Tania Salinas López

Xinzo de Limia, 1987

Traballadora en establecemento de hostalería.

8.- María de los Ángeles López Iglesias

Pensionista

9- José Ángel Vidal Blanco

Xinzo de Limia, 1987

Soldador Mecánico

10.- Francisco Díaz Blanco

Xinzo de Limia, 1953

Xubilado

Relacionadas

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas