Home Pontevedra A Lama A Lama, primeiro concello da provincia de Pontevedra en sumarse á carta...

A Lama, primeiro concello da provincia de Pontevedra en sumarse á carta de adhesión ao Proxecto transfronteirizo 5G-Allaecia

- Anuncio -

É unha iniciativa público-privada para favorecer a implantaciónda tecnoloxía 5-G na que participan a Asociación de Empresarios de Portugal, Red Mundo Atlántico e a Deputación de Ourense.

O alcalde do Concello da Lama, Jorge Canda, asinou esta mañá a carta de adhesión ao Proxecto 5G-allaecia do grupo de traballo transfronteirizo promovido pola Asociación de Empresarios de Portugal, Red Mundo Atlántico e Deputación de Ourense para favorecer a implantación da tecnoloxía 5-G.

A Lama é o primeiro concello da provincia de Pontevedra que subscribe esta carta de adhesión cuxo acordo non supón aportación económica algunha por parte da administración local.

FOMENTAR A COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA

O obxectivo desta iniciativa é o fomento da colaboración público-privada para a innovación no cambio de paradigma dixital na eurorrexión europea compartida con Portugal “impulsando a implantación de 5G e o internet das cousas como tractor do beneficio cara un territorio intelixente”, indica o acordo.

Outro dos obxectivos que persegue é a “implicación das empresas tecnolóxicas do ecosistema de acción para innovar e fomentar o I+D+i na implantación da cobertura total de 5G no territorio da acción. Tamén a implicación de todos os elementos do Plan Nacional 5G: Sociedade civil, empresa, Universidade e administracións na acción da aplicación práctica e pragmática do 5G”.

Outro obxectivo a salientar é “o estudo, captación e proposta de fondos implicados no desenvolvemento, elevando e colaboración as propostas de financiamento aos distintos axentes implicados. Creación dunha Task Force que capte a inversión privada necesaria para unha posterior asociación de innovación”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas