Home Ourense O Carballiño Manuel Baltar: “Un goberno municipal forte como o liderado por José Luis...

Manuel Baltar: “Un goberno municipal forte como o liderado por José Luis González é o que necesita Piñor para seguir medrando”

- Anuncio -

José Luis González destacou a importancia da colaboración da Deputación e a Xunta para avanzar en proxectos como “unha residencia para os nosos maiores, un espazo para que poidan permanecer no lugar onde viven cos coidados que precisan”

O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación remarcou no mitin, celebrado esta tarde no Centro Social Albarona de Piñor, o traballo desenvolvido por José Luis González ao fronte do Concello

“Neste tempo na Alcaldía, José Luis González deu a Piñor a estabilidade, a solidez e a solvencia necesaria para deseñar e acometer novos proxectos, achegando un novo ciclo político que está marcado pola boa xestión municipal”

“Ninguén dubida do triunfo do Partido Popular o vindeiro 28 de maio en Piñor. Este equipo medrará en votos e concelleiros porque os veciños saben que un goberno forte como o presidido por José Luis González é quen de conseguir importantes retos como os que Piñor ten por diante”

Manuel Baltar puxo en valor o deseño do programa electoral de José Luis González, “perfectamente realizable co apoio de todas as administracións”

“A presenza hoxe de Fabiola García ten tamén un especial foco cando a residencia de maiores é unha das iniciativas estratéxicas para o futuro de Piñor, que será unha realidade”, garantiu Manuel Baltar

“Votar futuro en Piñor é, sen dúbida, votar a José Luis González e ao Partido Popular”, remarcou o presidente provincial e candidato á Deputación, que blindou o compromiso do goberno provincial no futuro de Trasmiras

“O Plan de Mandato 2127”, destacou Manuel Baltar, “afonda no protagonismo de toda a comarca do Carballiño, un territorio cun enorme potencial e completamente estratéxico para o goberno provincial”

JOSÉ LUIS GONZÁLEZ DESTACOU INICIATIVAS ESTRATÉXICAS DO VINDEIRO MANDATO, COMO A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PXOM, NOVOS PARQUES INFANTÍS OU A APERTURA DO MUSEO DO ATAÚDE

José Luis González destacou a importancia da colaboración da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia para avanzar en proxectos como “unha residencia para os nosos maiores, un espazo para que poidan permanecer no lugar onde viven cos coidados que precisan”

Entre as iniciativas estratéxicas, o candidato popular avanzou a humanización das prazas dos pobos -“para que a veciñanza teña un lugar de desfrute e encontro”-, a aprobación definitiva do PXOM ou a creación de vivendas municipais, “para axudar a que os nosos mozos queden no seu concello”

“Crearemos parques infantís para o desfrute dos rapaces, ademais de apostar por programación de actividades lúdico-deportivas para todas as idades”, explicou o candidato

No programa electoral co que o candidato popular preséntase o vindeiro 28-M tamén ocupa un espazo importante o “embelecemento das entradas ao concello e a mellora da accesibilidade, ademais da mellora das vías municipais e a apertura de pistas forestais”

“Remataremos proxectos xa iniciados, coma a urbanización do entorno do albergue e o centro social, ademais da apertura do museo do ataúde”, remarcou José Luis González

Relacionadas

Alumnado dos colexios Josefinas e Padre Feijóo Zorelle celebran o Día de Europa na...

0
A vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a preto de medio cento...

A Deputación e Ourense prioriza en 2024 os proxectos sociais de atención a mulleres...

0
O grupo de goberno provincial abordou un redeseño do modelo de convocatorias de axudas da Deputación a proxectos sociais O programa de apoio para mulleres...

O concelleiro de Deportes recibe o Campus Ourense Rugby, que recentemente acadou o título...

0
O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiu esta mañá no Concello o equipo Campus Ourense Rubgy, que acadou recentemente o título de campión da...

Máis de 800 escolares aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións...

0
A actividade da Fundación Mapfre, de carácter gratuíto, desenvolverase até o 10 de maio no Parque Barbaña, coa colaboración do ConcelloA través de dinámicas...

A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao...

0
A Praza do Correxedor e o comezo da rúa San Francisco estarán pechadas ao tráfico desde mañá, martes, 7 de maio, até o venres,...

O alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide visita o Pazo Provincial e...

0
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, recibiu esta mañá no Pazo Provincial, a alumnado do programa Erasmus do CEIP Mestre Vide....

Publicacións Relacionadas