Home Xunta de Galicia A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas praias...

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño

- Anuncio -

— O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do comité asesor do Sapraga


— O Plan estará vixente do 1 de xuño ata o 30 de setembro e a adhesión ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión do Comité Asesor do Plan de Protección Civil de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga) na que se constituíu este organismo, que terá como funcións asesorar e informar de todos os temas obxecto do plan e avaliar o seu seguimento.

Trátase da reunión previa ao comezo da campaña, prevista para o 1 de xuño, á que seguirá outro encontro de seguimento ao remate despois do 30 de setembro para avaliar o plan e dar conta das praias adheridas e as incidencias atendidas, así como a inclusión de melloras que redunden na seguridade da poboación.

Na reunión participou tamén a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, así como representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), 061, Cruz Vermella, voluntarios de agrupacións de Protección Civil, Gardacostas e responsables en medio ambiente, turismo, xa que estes departamentos xunto co saúde pública e os organismos anteriores forman parte do Comité Asesor.

O Plan Sapraga para este 2023, que ten como obxectivo principal garantir a cobertura das emerxencias que poidan xurdir nas zonas de baño da comunidade, establecendo os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia (Platerga) no caso de emerxencias extraordinarias.
O novo Sapraga actívase con carácter estacional durante a época estival e, tendo en conta o marco competencial en materia de praias, a adhesión ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Poden adherirse cantas praias estean no censo, debendo contar con servizo de socorrismo e Plan de Prevención e Seguridade segundo se determina no Plan.
No encontro de hoxe actualizouse o plan para integrar oito zonas de baño que se inclúen no censo, así como actualizar a normativa de socorrismo, pois neste mes de maio se publicou o Decreto que ven a revisar as condicións para exercer a vixilancia en praias ampliando as vías de inscrición no rexistro de socorristas e mantendo os estándares de calidade na formación do persoal.
O Sapraga está dirixido polo director xeral de Emerxencias e Interior, coa misión de asegurar o bo funcionamento do plan, o seguimento e avaliación das actuacións, e garantir a integración no Platerga e o enlace cos plans de contaminación mariña e o de Salvamento Marítimo.
O plan Sapraga é un plan sectorial de carácter preventivo e operativo, a través do cal se atenderán as emerxencias ordinarias no espazo das praias. En caso de emerxencia extraordinaria, a proposta do CIAE 112 Galicia, e previa valoración do risco pola Axega e o director xeral de Emerxencias e Interior, activarase o Platerga no nivel que corresponda, activando os grupos operativos que sexan necesarios e quedando nese momento integrado o Servizo Público de Prevención e Socorrismo da Praia no grupo de intervención do Platerga.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas