Home Pontevedra Comeza a substitución de máis de 1.600 luminarias do alumeado público de...

Comeza a substitución de máis de 1.600 luminarias do alumeado público de 77 rúas, parques e prazas da zona sur da cidade

- Anuncio -

O punto de inicio foi a rúa María Victoria Moreno e continuará polo resto da zona sur durante 3 meses. O proxecto suporá un aforro no consumo de 729.953 kWh/ano e unha reducción de 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2.

O Concello fai un investimento de 1,5 millóns de euros nesta primeira fase de substitución por led de toda a iluminación pública da cidade.

O Concello de Pontevedra empezou esta semana polo barrio de Campolongo (ámbito de María Victoria Moreno) a renovación de toda a iluminación pública da zona sur da cidade.

Trátase de substituír as actuais luminarias equipadas con lámpadas de descarga de vapor de sodio de alta presión ou de haloxenuros metálicos por tecnoloxía led. Durante tres meses a empresa adxudicataria do contrato, Setga, retirará 1.607 luminarias de 77 rúas, prazas e zonas verdes desta zona da cidade por nova tecnoloxía que permitirá un aforro de 729.953 kWh/ano, reducir en 380,31 tCO2/ano a emisión de CO2 ao ano, e mellorar a iluminación dos espazos públicos e reducir a luz intrusa nas vivendas.

A empresa Setga comezou o pasado martes a substituír as luminarias do barrio de Campolongo. Empezou pola rúa María Victoria Moreno e os xardíns María Viñals para continuar ao longo de tres meses até completar 77 rúas da cidade que comprenden o ámbito incluído entre a avenida das Corvaceiras seguindo pola rúa da Barca, Martitegui, Raiña Victoria, Praza de Galicia, Gorgullón, avenida de Vigo e as súas perpendiculares, María Victoria Moreno e o ámbito da Xunta, Manuel del Palacio, Avenida de Marín e os barrio das Moureiras.

O proxecto inclúe o reforzo da iluminación nos pasos de peóns, unha mellor iluminación nas glorietas e nos ámbitos peonís.
Nestes traballos substituíranse 1.607 luminarias e 32 cadros de mando e protección, retirando o actual sistema de acendido de fotocélula ou reloxo astronómico por equipo de telexestión. Ademais, está previsto a substitución de parte do cabo, tomas de terra e brazos e columnas danadas das luminarias.

Tamén está incluída a limpeza, saneado e pintado de columnas e báculos existentes, é dicir, a retirada de elementos adheridos, fregado até eliminar a sucidade, pintado dos que o precisen e saneamento dos elementos dos farois (parafusos, ancoraxes, tapas…).

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación teatral

0
O proxecto Foro Novo do Baixo Miño precisa mozos e mozas de 18 a 25 anos interesados no teatro. A data límite de inscrición...

Cambio no Grupo Municipal do BNG

0
Vanesa Iglesias vén de presentar a renuncia á súa acta de concelleira por incompatibilidades laborais co servizo público. O BNG da Estrada quere agradecer o...

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Publicacións Relacionadas