Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu inaugurou a exposición do I Certame de Pintura...

O concello de Bueu inaugurou a exposición do I Certame de Pintura “Otero Baena” para artistas noveis

- Anuncio -

• O acto celebrouse este xoves na Sala Amalia Domínguez Búa, en presenza das autoridades locais e da familia de José Benito Otero Baena

• Félix Juncal, alcalde en funcións, reivindicou a memoria de Otero Baena, “considerado coma un dos mellores espatulistas da arte galega, do que moitos e moitas de nós lembramos sempre ese estilo seu tan peculiar, esas paisaxes que pintaba cunha gran variedade de cores e que nos facían, e fan, sentirnos na casa”

• A exposición artística establecerase na sala durante todo o mes de xuño, período no que se realizará a entrega do premio de 1.500 euros á persoa gañadora

A Sala Amalia Domínguez Búa engalanouse este xoves de cor e de arte, coa inauguración da exposición das obras finalistas do I Certame de Pintura ‘Otero Baena’. O acto celebrouse pola tarde coa presenza de Félix Juncal, alcalde en funcións do Concello de Bueu, concelleiros e concelleiras da corporación, familiares de Otero Baena, artistas e público en xeral. A exposición confórmase polos traballos finalistas do certame, concretamente de ‘Massó, mi recuerdo’, ‘Sobrevoo’, ‘Sin título (de la serie Line Drawings)’, ‘Detalle’, ‘Las morenas’, ‘Familie Tijd’, ‘Figuras de cuerdas’, ‘En la Banda del Río’, ‘Espazos ocupados’, ‘Que’, ‘Puerto de Bueu’, ‘Glyph, 2023’ e ‘Arranxo’.

Xosé Leal, actual concelleiro de cultura, foi o encargado de dar a benvida ás persoas asistentes, destacando que “é un certame que comeza modesto pero que irá medrando en importancia”. O edil fixo fincapé na colaboración entre o Concello e a familia, e salientou que “é case coma se a sala volvese reinaugurarse, pois a súa apertura fíxose hai anos cunha exposición do propio Otero Baena”.

Marta Otero, unha das fillas de Otero Baena, foi a encargada de intervir en representación da familia, e mostrou o seu agradecemento ao Concello, e salientou que “este certame pon en valor a obra de Otero Baena e axudaranos a recuperar moita desa obra que está espallada por diversos lugares”.

Por último, pechou o acto Félix Juncal, quen reivindicou ao artista bueués coma “un dos mellores espatulistas da arte galega, do que moitos e moitas de nós lembramos sempre ese estilo seu tan peculiar, esas paisaxes que pintaba cunha gran variedade de cores e que nos facían, e fan, sentirnos na casa”. O rexedor apuntou no seu emotivo discurso ante unha sala ateigada que “José Benito Otero Baena únese a estas persoas e a todas as que xa forman parte deste Bueu que construímos e que é un Bueu de cultura e de memoria”.

Despois da inauguración, a Sala Amalia Domínguez Búa estará aberta todos os días ata o 30 de xuño, en horario de 12 a 14 h, e de 17 a 20 horas. Neste período, e preto do 27 de xuño, por tratarse da data do nacemento de Otero Baena, celebrarase a reunión do xurado e escollerase un día para celebrar a gala de entrega do premio á persoa que resulte a gañadora do galardón dotado con 1.500 euros.

Esta exposición, correspondente ao I Certame de Pintura ‘Otero Baena’, insírese dentro dun proxecto ambicioso do Concello, en colaboración coa familia do artista, que contribuirá a conservar e manter vivo o legado do bueués, o cal se caracterizaba por ser unha persoa comprometida coa arte. Así, as dúas accións que se levaron a cabo polo momento foron a colocación dunha placa conmemorativa na que fora a residencia do artista na rúa Eduardo Vincenti, e a creación deste certame bienal.

O I Certame de Pintura ‘Otero Baena’ xurdiu coa finalidade de promover a creación artística ao mesmo tempo que se dá a coñecer a figura do artista José Benito Otero Baena. Por conseguinte, o concurso artístico ía dirixido aos e ás artistas noveis, maiores de 18 anos, os e as cales tiveron que presentar unha obra inédita e orixinal, de temática, técnica e formato libre. O xurado, conformado por Xosé Leal, concelleiro de cultura, Covadonga López, directora do Museo Massó, Javier Pérez, da Fundación Laxeiro, Fruela Alonso e Eduardo Manuel Matamoro, da Facultade de Belas Artes, e Rosa Elvira Caamaño, artista canguesa, foi o encargado de seleccionar un total de trece obras e cinco de reserva de entre os cincuenta e dous traballos artísticos recibidos no Concello.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas