Home Deputacións Deputación Pontevedra Esgotadas en menos de dúas horas as prazas participar na primeira actividade...

Esgotadas en menos de dúas horas as prazas participar na primeira actividade de “Depo Auga2

- Anuncio -

O programa da Deputación para practicar pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia terá lugar os días 17 e 18 de xuño en Combarro e a Illa de Tambo

En menos de dúas horas desde que se puxo a disposición das persoas interesadas o formulario de inscrición en www.depo.gal esgotáronse as 32 prazas ofertadas para a primeira actividade de “Depo Auga”. Esta iniciativa, que promove a Deputación de Pontevedra para practicar pádel surf e caiac e poñer en valor ríos e rías da provincia, terá lugar os días 17 e 18 de xuño en Combarro e a Illa de Tambo (Poio).

“Depo Auga” contempla outras dúas actividades que se desenvolverán xa ao longo do mes de xullo. A segunda, tras Combarro e a Illa de Tambo, será pola desembocadura do Río Verdugo e as Salinas de Ulló, en Vilaboa, os días 15 e 16 de xullo, e a terceira e última terá lugar en Cesantes e a Illa de San Simón, en Redondela, os días 29 e 30 de xullo. Para a segunda “Depo Auga” a institución provincial abrirá o prazo de inscrición o 19 de xuño e para a terceira o día 17 de xullo. En cada unha das actividades haberá dispoñibles 32 prazas, 16 para cada día.

O programa “Depo Auga” enmárcase en “Depo Actívate”, o calendario de actividades deportivas que organiza a Deputación entre xuño e outubro para dinamizar, fomentar e promover o deporte, así como transmitir valores e hábitos saudables a través da actividade física. Amais de “Depo Auga”, “Depo Actívate” tamén contempla outras iniciativas como as “DepoAndainas”, “DepoRutas BTT” ou “DepoOrienta”. Nestes momentos está aberto o prazo para participar na primeira das andainas, a Ruta da mazá na Estrada (25 de xuño), tamén na primeira ruta BTT que terá lugar pola Costa da Vela en Cangas (27 de agosto) e na primeira actividade de orientación que será polo Monte Aloia, en Tui (16 de xullo). En cada unha destas tres actividades ofértanse 200 prazas.

Relacionadas

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Publicacións Relacionadas