Home Xunta de Galicia Fabiola García presenta a programación dos minicampamentos "Coñece Galicia" 2023, que contarán...

Fabiola García presenta a programación dos minicampamentos “Coñece Galicia” 2023, que contarán con dúas novas localizacións

- Anuncio -

— Ofrécense 600 prazas para nenos de entre 10 e 14 anos para que desfruten de estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da Comunidade Autónoma


— Os concellos de A Lama (Pontevedra) e Cenlle (Ourense) incorpóranse a esta iniciativa


— O vindeiro luns, día 12 de xuño, abrirase o prazo para que as familias soliciten praza

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presentou hoxe no hotel Candor de A Lama a cuarta edición do programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’. A través desta iniciativa, ofrécense 600 prazas para nenos de entre 10 e 14 anos para que desfruten de estadías de cinco días en doce establecementos hostaleiros da nosa comunidade.

Fabiola García sinalou que ‘Coñece Galicia’ complementa a oferta de prazas en campamentos da campaña de verán da Xunta. Así mesmo, destacou que esta proposta permite dar a coñecer todo a patrimonio natural, artístico e cultural de Galicia entre a xuventude.

O vindeiro luns, día 12 de xuño, abrirase o prazo para que as familias soliciten praza nesta proposta de minicampamentos. Poderanse facer a través do formulario que se habilitará na páxina web de Xuventude. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata cinco días antes da celebración do minicampamento ou ata esgotar prazas. A adxudicación de prazas será por orde de inscripción.

‘Coñece Galicia’ 2023 incorpora dúas novas localizacións con respecto ao pasado verán: o hotel Candor de A Lama (Pontevedra) e o hotel Laias de Cenlle (Ourense). Así, a proposta deste ano inclúe os seguintes minicampamentos na provincia da Coruña: Valdoviño Mariño III, con actividades náuticas e sendeirismo; e Descubrindo a Bela Fisterra II, con propostas para o desfrute do medio mariño.

Turismo de natureza
Na provincia lucense: A conquista de Foz IV, con actividades de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural; Aventura na Montaña IV, en Piornedo-Cervantes; A descuberta da Pobra do Brollón III, centrado no turismo de natureza e educación ambiental; e Xeocampamento nas montañas do Courel III, en Folgoso do Courel.

Así mesmo, a provincia de Ourense acollerá os minicampamentos Somérxete na natureza III, que se desenvolverá na Pobra de Trives; Acción no Arnoia III, no que os participantes coñecerán o patrimonio natural de Allariz e a súa contorna; e un novo que terá como aloxamento o albergue turístico de Laias en Cenlle e que levará por nome Ecoverán termal en Laias. Neste minicampamento desenvolveránse actividades de natación nas piscinas de Laias e deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño, ademais de visitas culturais na contorna e rutas de sendeirismo.

Por último, na provincia pontevedresa celebraranse as propostas Aventura en Paradanta III, en Covelo e centrado no desfrute do medio rural; Minicampamento Natura IV, en Sanxenxo e a nova proposta Aventura e natureza rural no concello de A Lama.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas