Home Ourense Presentada a 54ª edición do Descenso Internacional do Miño de Ourense, que...

Presentada a 54ª edición do Descenso Internacional do Miño de Ourense, que se desenvolverá o 11 de xuño co patrocinio do Concello

- Anuncio -

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación da edición número 54 do Descenso Internacional do Miño de Ourense, nun acto ao que asistiron o concelleiro en funcións de Comercio e Urbanismo, Antonio Fernández, o asesor de Deportes do Concello, Aníbal Pereira, o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo, e o directivo da Federación Galega de Piragüismo, Santiago Carvajal.

A proba, que patrocina o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, é unha das máis lonxevas do calendario deportivo ourensán. Desenvolverase o domingo, 11 de xuño, cunha distancia de 16 km con saída desde Os Peares, e desde Barra de Miño ás 11.30 horas, e chegada na Batundeira, Velle, ás 12.30h

Enviamos AUDIO (mp3, 1Mb) con declaracións do presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo.

Na fotografía, de esquerda a dereita, o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo, o concelleiro en funcións de Comercio e Urbanismo, Antonio Fernández, o directivo da Federación Galega de Piragüismo, Santiago Carvajal e o asesor de Deportes do Concello, Aníbal Pereira.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas