Home Ourense O Concello celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con obradoiros, coloquios...

O Concello celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con obradoiros, coloquios e unha xornada formativa

- Anuncio -
  • Terán lugar os vindeiros 19 de xuño, no Centro Cívico Colón, e 21 de xuño, no Centro de Información Municipal ás Mulleres
  • As actividades son abertas e gratuítas, previa inscrición: no propio CIMM ou a través do correo electrónico concelleriamuller@ourense.es

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Igualdade, celebrará o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ con obradoiros, coloquios e unha xornada formativa sobre a diversidade e a pluralidade. Serán os vindeiros luns 19 e mércores 21 de xuño, coa participación aberta a público de todas as idades -inscrición previa e gratuíta-, no Centro Cívico Colón e no Centro de Información Municipal ás Mulleres coa participación de expertas na materia.

A primeira das dúas xornadas terá como protagonista a sexóloga Bárbara Serrano para falar da importancia da pluralidade desde un enfoque multidisciplinar, que abrangue a profesionais, activistas e familias. Posteriormente terá lugar unha mesa redonda con representantes dos tres sectores mencionados. O programa complétase o mércores, 21 de xuño, co obradoiro ‘Pensar a diversidade’, impartido por Ana Pérez Cardoso, educadora do CIMM.

As inscricións son gratuítas, e realizaranse no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) ou a través do enderezo de correo electrónico concelleriamuller@ourense.es

Programa

  • Luns, 19 de xuño.17.30h. CC. Colón: Xornada formativa

Pensando na diversidade: profesionais, activismos e familias. Charla-coloquio Diversidad(es): a importancia do plural

Relatora: Bárbara Serrano Martín. Sexóloga, docente e participante no equipo de Identidades do Incisex.

  • Luns, 19 de xuño. 19.00h. CC. Colón: Mesa redonda

Máis miradas á diversidade: Activismos, familias e profesionais.

Interveñen: Laura Bugalho, activista transfeminista; Icíar Solache Guerras, endocrinóloga do CHUO; Soledad Fernández Costas, nai dunha moza trans.

  • Mércores, 21 de xuño. 17.30h. CIMM (Rúa do Ensino 24): Obradoiro

Pensar a diversidade

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas