Home A Coruña Axenda do 8 ao 10 de xuño de 2023

Axenda do 8 ao 10 de xuño de 2023

- Anuncio -

Xoves 8 de xuño de 2023

Actividade: Día do Medio Ambiente
Hora: Dende as 17.00
Lugar: Paseo de Xuvia (inmediacións do parque infantil)

O Concello desenvolverá hoxe xunto coa asociación de Tempo libre Croio os actos do Día do Medio Ambiente, con varios obradoiros abertos á cidadanía en xeral e unha plantación de árbores autóctonas a partir das 18.00 horas.

Venres 9 de xuño de 2023

Actividade: Presentación do libro “El tren de la poesía”
Hora: 18.30
Lugar: Biblioteca municipal (sala multiusos da planta soto)

A escritora Maite Gascón presentará o seu libro na Biblioteca, unha publicación orientada a espertar o gusto pola poesía nos menores de entre 6 e 8 anos. A convocatoria está aberta á cidadanía en xeral.

Actividade: Ciclo de conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental
Hora: 19.30
Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

A médica psiquiatra Teresa Velasco e o psicólogo clínico Ricardo Vázquez falarán sobre “Psicoloxía e psiquiatría, diferenzas e traballo conxunto”. O Concello organiza esta convocatoria, que remata este mes.


Actividade: Andaina solsticial no Val
Hora: 22.30
Lugar: Saída do convento de Baltar (O Val)

A programación de actos da Recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa levarase a cabo na parroquia do Val dende hoxe, cunha andaina solsticial onde os participantes realizarán un percorrido que iluminarán con fachos. Organiza o Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, en colaboración coa AVV Os Irmandiños do Val.

Sábado 10 de xuño de 2023

Actividade: Raid Cidade de Narón
Hora: De 10.00 a 19.00
Lugar: Saída do paseo de Xuvia

O Concello e o Club Gallaecia Raid organizan esta convocatoria, que consistirá nunha carreira a pé, en bicicleta de montaña, patíns e kayak.


Actividade: Roteiro cicloturista pola parroquia do Val
Hora: Saída ás 11.00 horas
Lugar: Centro Cívico Social do Val

A programación das lendas da Lendas da Pena Molexa inclúe esta actividade, aberta á participación da cidadanía en xeral e que non precisa de inscrición previa.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas