Home A Coruña A Xunta destina máis de 100.000 euros a dispositivos para a acollida...

A Xunta destina máis de 100.000 euros a dispositivos para a acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e de trata en Santiago, Ourense e Lugo

- Anuncio -

― A Secretaría Xeral da Igualdade vén de asinar senllos convenios con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, así como coa entidade Aliad Ultreia para garantir o funcionamento dos seus dispositivos de acollida

― Cáritas facilita aloxamento, tratamento médico e psicolóxico, e información e asesoramento legal ás vítimas; mentres Aliad Ultreia tamén presta atención formativa ou laboral, con recursos propios ou en colaboración con outras entidades

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, vén de asinar convenios de colaboración con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, así como coa entidade Aliad Ultreia -emprazada en Lugo-, de cara ao mantemento de dispositivos para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e de trata. En total, a Xunta destina a estes acordos máis de 100.000 euros co gallo de financiar os gastos correntes de funcionamento destes dispositivos.
No que respecta a Cáritas, conta con senllos dispositivos en Santiago e Ourense destinados á atención integral a mulleres vítimas de explotación sexual e de trata nos que se lles presta acollida, axuda e asistencia directa. Co obxecto de garantir o seu funcionamento, o Goberno galego aporta 30.000 euros en cada caso, para que continúen a encargarse do servizo integral de atención, apoio, acollida e de recuperación ás vítimas, facilitando, cando menos, aloxamento, acceso a tratamento médico e psicolóxico, e información e asesoramento legal sobre servizos e programas.
Canto a Aliad Ultreia, dispón en Lugo dun dispositivo de acollida destinado a facilitar un espazo onde as mulleres vítimas de explotación sexual ou en risco de sufrila, que buscan apoio para saír desa situación, poidan cubrir as súas necesidades básicas e contar con acompañamento nese proceso de saída, autonomía e reinserción sociolaboral. Nesa liña, a Xunta de Galicia aporta 45.000 euros para que poidan seguir facilitando non só aloxamento a estas mulleres, senón tamén acceso a atención educativa, psicolóxica, social, formativa e laboral, xa sexa por medio dos recursos propios da entidade como por medio da derivación e colaboración con outras entidades.
I Plan galego contra a trata de seres humanos
Cómpre sinalar que Galicia recoñece a trata de mulleres e de nenas como violencia de xénero, polo que poden acceder así á axuda económica mensual para as vítimas da violencia de xénero e aos os recursos de apoio xurídico, psicolóxico, social e de apoio á inserción laboral, entre outros. Como novidade, a partir de 2023, inclúense tamén como vítimas de violencia de xénero as de explotación sexual, polo que tamén poderán acceder a todos estes recursos.

A Xunta, ademais, ten vixente o primeiro Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024, co fin de articular políticas que dean unha resposta integral e coordinada ás situacións de trata con fins de explotación sexual e contribuír á súa erradicación.

Relacionadas

Accidente de tráfico na AC-231 ao seu paso polo concello de Sobrado dos Monxes

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na estrada...

A Concellaría de Bibliotecas crea na zona de pediatría do centro de saúde o...

0
O obxectivo da iniciativa é intensificar o labor de animación á lectura que se realiza durante todo o ano desde o Concello de CarballoAdemais...

A alcaldesa de Cariño recibe ao novo capitán da Garda Civil da zona

0
Caixa de entrada Ártabra Comunica Anexos mar., 28 de maio, 16:20 (hai 19 horas) para cco: redaccion.galicianorteacoruna Boas tardes, adxunto foto de: A alcaldesa...

A Fundación Galicia Europa inaugura a 20ª edición do curso de financiamento eurpeo...

0
Este curso brinda ás entidades galegas a oportunidade de coñecer o funcionamento dos fondos da UE e o proceso de presentación de proxectos europeos A...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerexencia Exterior de CEPSA...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na coordinación do exercicio para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia realDurante...

A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de...

0
Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha...

Publicacións Relacionadas