Home A Coruña A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

- Anuncio -

— O fenómeno adverso está activo desde primeira hora da mañá de hoxe e no noroeste e oeste do litoral coruñés e na Mariña lucense por ventos de forza 7 e mar combinada con ondas de ata 6 metros


— Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste e oste do litoral da provincia da Coruña e na Mariña lucense.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso está activo desde primeira hora desta mañá por vento forza 7 mar adentro en torno a Bares e mar combinada con ondas de ata 6 metros. No resto da costa galega mantense o aviso de nivel amarelo por mar combinada do oeste ou do noroeste con ondas que poden superar os 5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Relacionadas

Accidente de tráfico na AC-231 ao seu paso polo concello de Sobrado dos Monxes

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na estrada...

A Concellaría de Bibliotecas crea na zona de pediatría do centro de saúde o...

0
O obxectivo da iniciativa é intensificar o labor de animación á lectura que se realiza durante todo o ano desde o Concello de CarballoAdemais...

A alcaldesa de Cariño recibe ao novo capitán da Garda Civil da zona

0
Caixa de entrada Ártabra Comunica Anexos mar., 28 de maio, 16:20 (hai 19 horas) para cco: redaccion.galicianorteacoruna Boas tardes, adxunto foto de: A alcaldesa...

A Fundación Galicia Europa inaugura a 20ª edición do curso de financiamento eurpeo...

0
Este curso brinda ás entidades galegas a oportunidade de coñecer o funcionamento dos fondos da UE e o proceso de presentación de proxectos europeos A...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerexencia Exterior de CEPSA...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na coordinación do exercicio para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia realDurante...

A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de...

0
Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha...

Publicacións Relacionadas