Home A Coruña Laxe repartirá 100 trampas entre a veciñanza para loitar contra a vespa...

Laxe repartirá 100 trampas entre a veciñanza para loitar contra a vespa velutina

- Anuncio -

• Ademais, desde o Concello colocarán outros 50 dispositivos en diferentes enclaves públicos da localidade

• A campaña dará comezo a partir deste xoves, 29 de febreiro, e desenvolverase ata finais de maio


O Concello de Laxe desenvolverá a partir deste xoves, 29 de febreiro, a súa campaña municipal de loita contra a vespa velutina.

Desde o Concello de Laxe poranse a disposición da veciñanza un total de 100 trampas co seu respectivo líquido atraínte co obxectivo de dar captura ás raíñas desta especie invasora. Estes dispositivos poderán solicitarse de maneira presencial nas oficinas xerais do Concello, onde as persoas interesadas deberán cubrir un formulario.

Ademais, unha empresa especializada no control de pragas procederá á colocación de 50 dispositivos en diferentes enclaves públicos da localidade, como parques, centros de ensino e arredores.

O número de velutinas capturadas deberase notificar cada 15 días co obxectivo de analizar cales son os puntos municipais con maior presencia destes insectos.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas