Home Xunta de Galicia A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova visión da acción...

A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova visión da acción exterior europea

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a primeira sesión do ano do ciclo ‘Encontros Virtuais Xunta-UE’

— Neste novo encontro organizado pola Fundación Galicia Europa debateuse sobre ‘Global Gateway’, o novo marco estratéxico da UE para a acción exterior

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou e moderou hoxe a primeira reunión de 2024 do ciclo de ‘Encontros Virtuais Xunta-UE’, o foro de debate entre o goberno galego e as institucións europeas organizado mensualmente pola Fundación Galicia Europa (FGE). A sesión de hoxe centrouse na Global Gateway, a estratexia que aglutina os esforzos da Unión Europea por aumentar a súa presencia global mentres promociona valores democráticos compartidos e contribúe ao desenvolvemento dos seus países socios.

Neste marco estratéxico presentado en 2021, o Equipo Europa -composto pola UE, os Estados membros, as axencias nacionais de desenvolvemento e o Banco Europeo de Inversións- pretende mobilizar preto de 300.000 millóns de euros ata 2030 para crear vínculos globais que impulsen o investimento en infraestruturas climáticas, enerxéticas ou dixitais. Isto ofrecerá “seguridade e equidade ós inversores, sostibilidade para os socios e beneficios a longo prazo para todos”. No encontro de hoxe, a visión institucional da Global Gateway foi presentada por Laurent Sillano, asesor na Dirección Xeral de Asociacións Internacionais (DG INTPA) da Comisión Europea.

A perspectiva galega foi abordada por José Manuel Blanco, subdirector xeral de Análise e Programación na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, quen lle achegou aos asistentes a Estratexia galega de Acción Exterior (Egaex) para o período 2023-2027, o instrumento co que Galicia aproveita as oportunidades de internacionalización e avalía a súa influencia exterior.

Encontros virtuais entre a Xunta e as institucións europeas
O ciclo de Encontros Virtuais Xunta-UE reúne cada mes á Xunta de Galicia con representantes das institucións europeas para abordar de forma conxunta as políticas impulsadas desde a UE. Organizado pola Fundación Galicia Europa dende setembro do 2020, fomenta o debate de multitude de temas da axenda comunitaria, como a Estratexia Industrial para Europa, o Pacto Verde ou a Axenda Dixital Europea.

Relacionadas

Galicia e País Vasco comparten o reto da atracción e retención de talento como...

0
— O secretario xeral de Universidades cualifica de “moi positivo” o intercambio de experiencias para abrir reflexións conxuntas e analizar posibles liñas de cooperación...

A Xunta de Galicia volve marxinar a Sanxenxo nos seus orzamentos coa complicidade de...

0
O BNG lamenta que, un ano máis, actuacións de primeira necesidade como o enlace do polígono con Vilalonga, a reforma do Centro de Saúde...

A Xunta investirá 6,1 M€ na Costa da Morte en materia de augas e...

0
— Ángeles Vázquez detalla que o vindeiro ano Augas de Galicia destinará 68,1 millóns de euros a iniciativas en materia de saneamento — Avanza que...

López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada a accións...

0
Asegura que con este primeiro aumento iníciase unha senda de crecemento que se manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo...

A Xunta enxalza o labor da Policía Autonómica e reclama a cobertura de todas...

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as novas instalacións da UPA en Vigo ― O déficit de efectivos supera xa o 30%...

Xunta e o concello de Arteixo exploran novas vías de colaboración para o impulso...

0
— A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o alcalde, Carlos Calvelo, reúnense para estudar a reedición dun convenio que permitiu a posta...

Publicacións Relacionadas