Home Xunta de Galicia López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada...

López Campos destaca un incremento de máis do 30% na partida destinada a accións de denamización da lingua galega

- Anuncio -
  • Asegura que con este primeiro aumento iníciase unha senda de crecemento que se manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo medidas transversais ao abeiro do Pacto da lingua
  • En total, as contas da consellería medran ata os 146M€ para afianzar o bo momento do sector cultural, prestixiar o uso do galego e ofrecer garantías á mocidade
  • Anuncia que este reforzo permitirá poñer en marcha novas accións como cursos de galego para persoal dos centros sanitarios
  • Salienta que entre as principais novidades do vindeiro ano está a creación dun bono dotado con 2M€ para favorecer a emancipación xuvenil
  • En Cultura, a partida sobe un 5,5% para iniciar o Plan de infraestruturas culturais e desenvolver o Plan de lectura de Galicia, que mobilizará 27M€ ata 2030
  • Os orzamentos de 2025 inclúen tamén unha achega de máis de medio millón de euros para as primeiras actividades da Rede Adival de dinamización cultural
  • No ámbito do audiovisual, en 2025 publicarase unha nova convocatoria do fondo para a atracción de rodaxes dotado con 2M€
  • Impúlsase no Gaiás o primeiro Centro Galego de Artes Dixitais e o seu programa expositivo e de residencias
  • Os bens do Camiño de Santiago, o Plan Catedrais e a candidatura da Ribeira Sacra serán as principais liñas de traballo no ámbito do Patrimonio Cultural

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou hoxe que a Xunta de Galicia contará o vindeiro ano cun incremento de máis do 30% na partida destinada a accións de dinamización da lingua galega. Así o anunciou na Comisión 3º do Parlamento de Galicia, onde compareceu para presentar os orzamentos do seu departamento para 2025 e asegurou que, con este primeiro aumento, iníciase unha senda de crecemento que se “manterá ao longo de toda a lexislatura para levar a cabo as medidas transversais que se porán en marcha ao abeiro do Pacto da lingua”.

Fíxoo acompañado polo seu equipo, xunto o que destacou que, en total, as contas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude medran en 2025 un 7,5% ata superar os 146M€ para afianzar o bo momento do sector cultural, prestixiar o uso do galego e ofrecer garantías para que a mocidade poida desenvolver o seu proxecto de vida. Neste senso, explicou que un dos departamentos máis reforzados é a Secretaria Xeral da Lingua “cara a onde reorientamos as nosas contas para ir dando forma ás medidas derivadas do gran Pacto pola lingua e que inclúen a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega ou a posta en marcha dunha batería de 50 medidas para impulsar e dinamizar o seu uso en toda a sociedade”.

Unha destas medidas, tal e como anunciou, será a creación de cursos de lingua galega dirixidos a persoal dos centros sanitarios. “Estamos xa en conversas coa Consellería de Sanidade, coa que nos reuniremos nas vindeiras semanas para dar forma a esta iniciativa”, apuntou o conselleiro antes de engadir que o obxectivo destas contas comprometidas coa lingua galega é “seguir reforzando o seu uso para dotala do prestixio que merece”.

Partindo deste piar básico, o departamento de López Campos contará cuns orzamentos que “nos permiten seguir colaborando coas universidades e institucións como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega ao tempo que avanzamos en investigación e na presenza do galego en ámbitos tan importantes como a intelixencia artificial a través do Proxecto Nós, no que continuaremos traballando”.

Tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, Lingua e Xuventude, as principais novidades do vindeiro ano van encamiñadas a favorecer o emprego e a emancipación xuvenil. Neste eido, a consellería de López Campos e a de Vivenda e Planificación de Infraestruturas colaborarán na posta en marcha dunha nova vía de aloxamento diferente á tradicional dirixida aos mozos e mozas menores de 36 anos.

Trátase de pisos compartidos e temporais cun tempo máximo de permanencia de tres anos que contarán con cociña, salón e un dormitorio e cuxo edificio estará dotado con espazos comúns como lavandería, zonas de traballo ou esparexemento. Esta medida compleméntase co Bono Emancípate creado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con 2M€ co que as persoas de entre 18 e 35 anos que teñan unha fonte de ingresos e cumpran con certos requisitos, “terán a posibilidade de acceder a unha axuda á hora de comezar a vivir nunha vivenda como arrendatarias ou como propietarias, que non teñen nada que ver co prezo de adquisición ou a renda do alugamento”, engadiu.  

Este apoio, que será de 1.500€ no caso de arrendatarios e de 3.000€ para os que adquiran unha vivenda, irá destinado, así, á adquisición de mobiliario, diversos artigos do fogar como a decoración, obxectos do baño ou téxtil, ademais de certos electrodomésticos esenciais.

No caso do emprego, os esforzos orzamentarios están centrados nos programas Xuventude Mentoring na empresa e Xuventude Mentoring, que contan en total con 2,5M€ e supoñen unha dobre vía de actuación para apoiar e acompañar o tránsito das persoas mozas cara o inicio da vida laboral. A primeira delas ofrece, a través de entidades colaboradoras, programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores estratéxicos, mentres que a segunda procura mellorar as habilidades e competencias dos máis mozos para a súa posterior busca de emprego.

Todo isto acompañado de medidas de lecer como a Campaña de verán, que nesta nova edición volve contar cun orzamento de máis de 5M€ para seguir mellorando as experiencias dos máis novos e ofertar unha ampla cantidade de prazas espalladas por todo o territorio.

Incremento desde 2022

En Cultura, as contas deste ano manteñen o incremento iniciado en 2022 cunha partida que medra un 5,5% para poñer en marcha o novo Plan de infraestruturas culturais. Trátase dunha folla de ruta dotada con 2M€ coa que faremos unha auditoría dos equipamentos culturais para, a continuación, crear un gran mapa que nos permita “coñecer o estado, distribución e situación dos mesmos para saber onde e como temos que levar a cabo accións de modernización e mellora”, apuntou López Campos.

De xeito complementario a este plan, destinaranse 1,5M€ para reabrir o Teatro Cine Fraga, un espazo emblemático da cidade de Vigo que recupera a Xunta de Galicia xunto coa Deputación de Pontevedra e que aspira a converterse nun referente cultural no noroeste peninsular. O plan de usos estase deseñando xa en colaboración co sector a través dun proceso de escoita activa que inclúe unha caixa de suxestións e reunións sectoriais con representantes de diferentes ámbitos.

Centrado no sector do libro, as contas do vindeiro ano inclúen tamén un investimento de máis dun millón de euros para desenvolver as accións do Plan de lectura de Galicia. “Esta é unha iniciativa que presentaremos antes de que remate o ano e que suporá a mobilización de máis de 27 millóns de euros de cara a 2030”, sinalou o conselleiro.

Entre os proxectos culturais máis destacados dos orzamentos de 2025, cómpre salientar a partida dun millón de euros para mellorar a eficiencia enerxética do CGAC, o incremento na achega ao Consorcio de Santiago que se eleva en 300.000€ ata os case 3,2M€ no marco do compromiso da Xunta de Galicia coa capital da Comunidade, ou a suba do 10% ata os 3,3M€ para o Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, responsable da xestión da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Ademais, en liña cos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que está previsto aprobar antes de que remate o ano no Parlamento, a Xunta destinará en 2025 máis de medio millón de euros para as primeiras actividades da Rede Adival. “O noso obxectivo é garantir que todos os galegos e galegas poidan acceder á cultura vivan onde vivan e sexa cales sexan as súas condicións socioeconómicas”, precisou.

Galicia como escenario de rodaxes

No caso das industrias culturais, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que no vindeiro exercicio publicarase unha nova convocatoria do fondo para a atracción de rodaxes, que contará cunha achega de 2 millóns de euros. “Seguimos así mantendo o compromiso con este sector estratéxico a través dun programa de axudas coordinado e consensuado co sector que conta cun impacto económico de aproximadamente 18M€”, afirmou López Campos.

Con este obxectivo de continuar posicionando Galicia como un grande escenario de rodaxes, a principios de 2025 a Xunta tamén publicará a convocatoria de produción audiovisual, que incrementa o importe ata os 3M€, medrando tamén a contía por proxecto. “O obxectivo é adaptarnos á suba de prezos e custos que afecta tamén a este sector”, avanzou.

No eido da música, a acción da Consellería estará dirixida a apoiar o desenvolvemento da carreira de músicos emerxentes a través dunha nova liña de axudas, así como a ampliar os circuítos de escenarios para aumentar a presenza de músicos en todo o territorio. O de artes escénicas, pola súa banda, conta cun crecemento no apoio á creación e distribución e, ademais, o Centro Dramático Galego dará continuidade ao labor de produción propia, así como de coproducións e promoción internacional iniciado nos últimos anos.

Un milleiro de visitantes

Outro dos grandes proxectos é a Cidade da Cultura, unha institución que, tal e como afirmou o conselleiro, segue “acadando cifras de récord con máis dun millón de visitantes e preto dun millar de actividades cada ano”. Neste senso, como principais obxectivos, fíxase o desenvolvemento dun ambicioso programa cultural, a posta en marcha do primeiro Centro Galego de Artes Dixitais, a ampliación do programa de residencias -que apoia xa a un centenar de artistas cada ano- e o impulso dun plan de itinerancias para que o Gaiás leve contidos culturais a centros de toda Galicia. O Centro Galego de Artes Dixitais, nunha superficie soterrada xa existente e en desuso na Cidade da Cultura, converterase nunha referencia en España na produción e exhibición de proxectos culturais dixitais de máximo nivel.

As contas recollen unha partida de 12M€ que permitirá pór en marcha estes proxectos e dar soporte ao funcionamento dunha Cidade da Cultura que, máis alá da súa actividade cultural, alberga un milleiro de traballadores. Así, é sede de institucións da Administración tan relevantes como a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais, ademais de acoller servizos das tres universidades galegas ou investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas. Tamén se coordina toda a rede de bibliotecas e arquivos públicos de Galicia, e representa un dos grandes centros galegos de eventos, sendo asemade un pulmón verde de 40 hectáreas para a cidadanía. 

Finalmente, no que atinxe ao patrimonio cultural, resérvanse 22M€ para “impulsar a restauración e rehabilitación daqueles bens que seguirán contando a nosa historia” como o Panteón das galegas e galegos ilustres, os monumentos vencellados ao Camiño de Santiago ou os principais templos catedralicios de Galicia a través do Plan Catedrais.

Do mesmo xeito, algunhas das liñas principais de traballo deste departamento inclúen tamén o impulso ao Plan de dixitalización do patrimonio cultural galego integrando ferramentas como o 3D ou a realidade virtual para favorecer o coñecemento, a posta en valor do patrimonio arqueolóxico de todo o territorio ou o impulso á candidatura da Ribeira Sacra co fin de acadar o máximo recoñecemento da Unesco en 2026.

Relacionadas

Belén do Campo anuncia un investimento de máis de 157.000€ para as obras de...

0
A delegada da Xunta na Coruña que o obxectivo desta intervención é mellorar o estado de conservación deste ben inmoble incluído no Catálogo do...

A Xunta activa unha nova edición dos bonos activa comercio dotada con 2,5 M€...

0
― José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12...

A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas coa lectura continuada de...

0
Coincidindo con esta data, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebra hoxe o Día da lectura O secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

A conselleira do Medio Rural enxalza as prácticas tradicionais do agro na Festa da...

0
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, enxalzou hoxe a Festa da Matanza de Transmonte, no concello coruñés de Oroso, como unha celebración...

Un total de 680 estudantes de Bacherelaro e FP gozan dunha praza gratuíta ou...

0
— As prazas están destinadas a estudantes procedentes de localidades onde non exista a oferta académica que cursan, nin teñan a posibilidade de desprazarse —...

A Xunta participa na campaña da Unión Ciclista Europea para concienciar sobre a protección...

0
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na iniciativa ‘UEC Forest’ na que representantes de entidades como a Xunta colaboradoras na...

Publicacións Relacionadas