Home A Coruña Laxe organiza unha charla participativa e a lectura do Manifesto para conmemorar...

Laxe organiza unha charla participativa e a lectura do Manifesto para conmemorar o 8M

- Anuncio -

• A charla participativa, impartida pola técnica de intervención familiar, terá lugar a partir das 11:15 horas no Salón de Actos do Concello e ao remate proxectarase a videomontaxe “As mulleres de Laxe”

• A lectura do Manifesto efectuarase diante da Casa Consistorial ás 12:30 horas

O Concello de Laxe organiza unha charla participativa e a lectura do Manifesto para conmemorar o Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo.

A charla participativa, que será impartida por Emma Álvarez, técnica de intervención familiar, terá lugar a partir das 11:15 horas no Salón de Actos do Concello. Ao remate proxectarase a videomontaxe “As mulleres de Laxe”.


“As mulleres de Laxe”, que celebra xa a súa quinta edición, expón unha radiografía do municipio onde se pode ver unha representación en clave feminina da súa veciñanza. Para esta edición contou cunha gran participación, con máis de 50 achegas fotográficas.

A lectura do Manifesto efectuarase diante da Casa Consistorial ás 12:30 horas.

Desde o Goberno laxense animan a toda a veciñanza a participar nos actos deste venres, co obxectivo de expoñer as reivindicacións en materia de igualdade que teñen lugar polo Día Internacional da Muller.

Relacionadas

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do...

0
Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación...

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á...

O Concello mantén as súas tres bandeiras azuis, traballa na potenciación dos seus servizos...

0
 “O equipo de goberno do Concello de Ponteceso agradece esta boa valoración, pero non se conforma”, sinala o alcalde  Niñóns, que non dispón...

Hércules de Edicións publica “Noites confinadas”: unha viaxe estética e reflexiva pola natureza e...

0
· A visión conxunta de Chema Mesías, Ilduara Penas Antelo e David Catá: unha chamada á conciencia e a acción por un futuro sostible. ·...

Grande éxito das Olimpíadas Científicas no Colexio Luis Seoane

0
O CEIP Luis Seone celebrou esta mañá unhas Olimpíadas Científicas para conmemorar o Día da Ciencia. O alumnado amosou os proxectos científicos que desenvolveron...

Laxe contará un ano máis cunha Bandeira Azul na súa praia urbana

0
• A Adeac anunciou hoxe os areais que contan con este distintivo, entre os que se encontra a Praia de Laxe • Desde o Concello...

Publicacións Relacionadas