Home O Morrazo Marín Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

Abre a presentación de ofertas para explotar o Bar de Portocelo

- Anuncio -

A concesión será por dous anos, con posibilidade de prórroga doutros dous, cunha proposta de renda mensual de 236 euros, máis IVE. O prazo será ata o 22 de abril.

A explotación do Bar de Portocelo volve saír a licitación. A Plataforma de Contratación do Sector Público ten xa subido o anuncio para sacar adiante esta nova contratación, a través de procedemento aberto e en réxime de alugueiro, no que toda persoa interesada poderá presentar unha proposición.

Trátase do edificio situado na zona arborada fronte á praia de Portocelo, un espectacular enclave que estará destinado ao servizo de restauración, ocio e entretemento, cun espazo que inclúe tanto o inmoble como a zona de terraza elevada e con vistas á praia de Portocelo.

Tal e como se pode ler nos pregos que rexen a contratación, a duración do arrendamento será de dous anos, cunha posible prórroga de dous anos máis. Esta prórroga será solicitada polo contratista con, polo menos, dous meses de antelación á finalización da actual concesión.

A renda mensual por explotar o local será de 236 euros, máis IVE, sendo o valor total do contrato, tendo en conta as eventuais prórrogas, de 11.328 euros.

O local deberá estar aberto de 12.00 a 20.00 horas, durante polo menos 4 días á semana, e durante toda a época do ano, a excepción do peche de vacacións dun mes, que de todos os xeitos nunca poderá ser durante a época estival (de maio a setembro).
Ademais, nos pregos recóllese que o Concello de Marín terá dereito a usar o espazo cinco días ao noa para a realización de actos de interese público.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 22 de abril e realizaranse de xeito electrónico, a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.
Obrigas por parte do concesionario
Será por conta do adxudicatario a adaptación interior que sexa preciso realizar para a explotación do local, así como os gastos de mantemento. Polo tanto, terá que asumir as obras de reforma, reparación, conservación…
No caso de querer modificar o espazo exterior, sempre será con previa autorización do Concello. Tamén correrán a cargo do adxudicatario todos os impostos relativos ao exercicio da actividade.
Ademais, a persoa que resulte adxudicataria estará obrigada a conservar en perfecto estado a instalación unha vez remate o tempo da concesión. Por outro lado, a cadro de persoal de persoal que faga falta contratar para o correcto funcionamento do servizo tamén serán por cargo do adxudicatario.

Relacionadas

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Seis alcaldes asinan, no Castelo de Soutomaior, o convenio de Protección Civil Oitavén –...

0
A nova agrupación de Protección Civil Oitavén -Tea, con base en Soutomaior e en Mondariz, é a agrupación máis grande de toda Galicia. Esta mañá,...

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Mos racha co idadismo e vólcase en iniciativas interxeracionais

0
O alumnado dos CEIPs do municipio participa en actividades no Centro de Día de Torroso Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de...

A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de...

0
Celebrarase o luns 27 e martes 28 de maio contando con conferencias e exposicións de medios A Eurocidade Tui-Valença e o SinFAP, Sindicato Portugués de...

Publicacións Relacionadas