Home Xunta de Galicia Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a consolidar Galicia coma un destino de calidade

- Anuncio -
  • Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular
  • No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados, 115.000 na provincia de Pontevedra

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a excelencia e profesionalidade das empresas e traballadores do sector turístico de Galicia que contribúen cada día a consolidar a comunidade coma un destino atractivo no que prima a calidade e o bo servizo.

Durante a súa intervención na Gala de Hostalaría e Turismo da provincia de Pontevedra, Rueda asegurou que a gran oferta e a excelencia dos establecementos turísticos galegos fan que Galicia pechase 2023 como o primeiro destino do norte peninsular, con máis de 7 millóns de viaxeiros aloxados ao longo de todo o ano. No que vai de 2024, foron máis de 412.500 os turistas aloxados ata o mes de marzo na comunidade, dos cales 115.000 fixérono na provincia de Pontevedra.

Nesta liña, subliñou a aposta e compromiso da Xunta por seguir fortalecendo o modelo turístico que cada vez atrae a máis viaxeiros á comunidade. Para iso, asegurou que o Goberno galego seguirá mellorando as infraestruturas -coma os portos polos que pasa a ruta Traslatio- ; promovendo que cada vez máis establecementos acaden a certificación de Q de Calidade; e impulsando un dos motores do sector en Galicia como é o Camiño de Santiago, a través de todas as súas rutas.

Relacionadas

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Unha delegación do goberno de Cantabria visita o Colexio Rural Agrupado de Vilaboa e...

0
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio Rural agrupado de Vilaboa Consuelo González e o Colexio CEIP...

Galicia salienta a importancia da cooperación territorial no inicio do debate sobre o orzamento...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou no evento, no que se abordou a renovación do ciclo institucional...

Diego Calvo preside a toma de posesión de Judit Fontela como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe a toma de posesión de Judit Fontela como directora xeral de Mobilidade. Judit Fontela...

Diego Calvo recibe a consulesa xeral de Francia en Bilbao

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego calvo, mantivo hoxe unha reunión coa consulesa xeral da República Francesa en Bilbao, Marianne Carré, na...

Xosé Merelles salienta a aposta da Xunta para intensificar a calidade e sustentabildiade turística...

0
O director de Turismo de Galicia participa na IV Gala de Calidade Turística do Condado Paradanta GDR Condado Paradanta que se celebra en Salvaterra...

Publicacións Relacionadas