Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión e András como resposta da Deputación a unha demanda histórica en Vilanova

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para construír no EP-9701 unha senda peonil e mellorar o pavimento e os servizos desta estrada

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o investimento de 770.000 euros do goberno provincial e a súa colaboración co Concello de Vilanova de Arousa para poñer en marcha o proxecto de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria entre as localidades de Baión e András. “Unha intervención que supón un avance na mobilidade segura e sustentable, un paso adiante na transformación da provincia para dotala de infraestruturas modernas e saldar unha débeda histórica da Deputación coa veciñanza de Vilanova de Arousa”, afirmou Luis López no acto de presentación deste proxecto que tivo lugar este martes na Casa de Cultura de Baión e que contou coa presenza do rexedor Gonzalo Durán, así como dos deputados provinciais Isabel Couselo, responsable de Infraestruturas e Mobilidade; e de Javier Tourís, concelleiro de Vilanova e responsable provincial de acción comunitaria e equipamentos públicos.

O proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-9701 entre Baión e András consiste nunha intervención para mellorar un treito de 560 metros que porá fin aos problemas de seguridade viaria nunha estrada na que comparten espazo o denso tráfico rodado co movemento de persoas. Unhas deficiencias que se arranxarán coa construción dunha senda peonil e a mellora do pavimento e dos demais servizos. A obra conta dispón dun orzamento de 960.000 euros, dos que a Deputación achega o 80 %, uns 770.000 euros.

Neste sentido, o presidente da Deputación argumentou que a execución desta obra supón unha nova mostra do “municipalismo” que rexe a acción do goberno provincial. Un xeito de entender o servizo público consistente en “escoitar aos alcaldes e alcaldesas, que son os que mellor coñecen as necesidades dos concellos; e poñer os recursos e ferramentas precisas para atender esas peticións”, explicou o presidente. Neste sentido, asegurou López que se trata dunha “filosofía que compartimos todos os membros do goberno provincial e tamén o alcalde Gonzalo Durán”. É por iso que o mandatario provincial reiterou o compromiso da Deputación de “ser sempre un socio leal para colaborar nos proxectos a levar a cabo neste Concello”.

A cooperación entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova de Arousa non se limita á mellora deste treito da EP-9701 entre Baión e András, ambas as administracións colaboran tamén na mellora da estrada EP-9702 na contorna das Sinas. Ademais, a Deputación pon á disposición deste Concello un total de 870.000 euros ao abeiro do Plan +Provincia e outros 70.800 euros correspondentes ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas entre outros programas provinciais dos que tamén se ve beneficiado este municipio arousano.

“A Deputación seguirá sendo un aliado fiel e un apoio sólido neste camiño para construír unha provincia máis moderna e con mellores infraestruturas”, concluíu o presidente Luis López.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas